Juventud foi un periódico editado en Xinzo de Limia en 1919.
Historia e características Subtitulado Periódico independiente defensor de los intereses locales, apareceu o 15 de febreiro de 1919. Periódico quincenal de tendencia republicana e anticaciquil, estaba dirixido por Alejandro Álvarez Rodríguez. Os redactores eran Luis Seijo Villarino e Antonio Nieto Oliva. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Seijo Iglesias (que foi nomeado xerente), Lino Pereda, Celso Nieto Oliva, Juan P. de la Yborra, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Cesou a súa publicación co número 10, o 13 de xuño dese ano. Foi substituído por El Agrario.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Xinzo de Limia Categoría:1919 en Galicia Categoría:Prensa republicana Categoría:Prensa anticaciquil