Ultreya foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1919 e 1920.
Historia e características Subtitulada Revista quincenal de Cultura Galaica. Arte, literatura, historia, sociología, apareceu o 1 de maio de 1919. Estaba dirixida por Armando Cotarelo Valledor. No consello de redacción figuraban Salvador Cabeza de León, Salustiano Portela Pazos, Antonio García Varela e Manuel Vidal Rodríguez. Entre os seus colaboradores estaban Juan Barcia Caballero, Pablo Pérez Costanti, Avelino Gómez Ledo, Xesús Carro, Fermín Bouza-Brey, Constante Amor, Francisco Esmorís Recamán e Celestino García Romero. Cesou a súa publicación co número 23/24, correspondente ao 15 de xullo de 1920.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela
Categoría:1919 en Galicia
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas en lingua galega