O termo Espiña pode referirse a:
Espiña, cada unha das pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas como as roseiras, espiño, pico; Espiña, cada unha das partes óseas que forman o esqueleto dos osteíctios; Espiña, cada unha das pugas que presentan algúns invertebrados nos seus tegumentos; Espiña, conxunto das vértebras do esqueleto dos animais vertebrados, aranguelo, columna vertebral, espiña dorsal, fío do lombo, raque; Espiña, figurativamente, cousa que produce unha gran mágoa moral; Espiña de peixe, patrón para colocar rectángulos nun enlousado, utilizado para todo tipo de solos e para pavimentos de estradas, así denominado polo seu parecido á disposición das espiñas dun peixe; Espiña bífida, malformación conxénita producida pola soldadura incompleta do arco vertebral posterior; Espiña neural, apófise espiñosa, prominencias óseas que xorden da parte posterior das láminas das vértebra; Espiña escapular, formación ósea situada na superficie posterior da omoplata. Espiña, gran de graxa que se forma na pel, sobre todo na cara e nas costas, espiña brava, espiña carnal; Espiña carnaza, herpes.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Espiña, lugar da parroquia de Pacios, no concello de Baralla; A Espiña, lugar da parroquia de Cubilledo, no concello de Baleira; Espiñal, lugar da parroquia de San Martiño de Berredo, no concello da Bola; Espiñarcao, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; Espiñarido, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba.
Véxase tamén Outros artigos
Espiñas, lugar da parroquia de Chandrexa, no concello de Parada de Sil; Espiñás, lugar da parroquia do Condado, no concello de Padrenda; A Espiñuda, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño.