O motor foguete Gamma 2 foi un motor desenvolvido polo Reino Unido durante os anos 1960 e que voou por primeira vez en 1969. Consumía peróxido de hidróxeno e queroseno e tiña un impulso específico de 265 segundos, cun pulo de 68,2 N e unha masa de 173 kg. Medía 1,37 m de diámetro e funcionaba durante 113 segundos. Foi usado como motor da segunda etapa do foguete Black Arrow e no foguete Black Knight. Os Gamma 2 eran fabricados por Bristol Siddley.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gamma 8
Categoría:Motores foguete