O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 é o campionato anual número 65 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Os equipos e pilotos disputaron dezanove Grandes Premios para o Mundial de pilotos e o Campionato do Mundo de Construtores. A tempada comezou en Australia o 16 de marzo e concluíu en Abu Dabi o 23 de novembro.

En 2014, o campionato viu a presentación dun novo motor de fórmula, no que os motores V8 de 2´4 litros utilizados entre e substituíronse por unha nova fórmula de motores V6 de 1´6 litros turboalimentados que incorporan un sistema de recuperación de enerxía na súa estrutura. Na tempada 2014 incorporarase o Gran Premio de Rusia no calendario, a carreira se celebra no Circuíto urbano de Sochi en Sochi e volvera disputarse o Gran Premio de Austria, a carreira se celebra no Red Bull Ring en Spielberg. O Gran Premio da India suspenderase por un ano antes de mudarse a unha data no inicio de tempada no , mentres que o Gran Premio de Corea foi retirado do calendario definitivamente.

Sebastian Vettel comezou a tempada defendendo o Campionato de Pilotos, logo de conseguir o seu cuarto título consecutivo no Gran Premio da India de 2013. O seu equipo, Red Bull Racing, comezou a tempada defendendo o Campionato de Construtores, que tamén gañou o seu cuarto campionato consecutivo na India.

O piloto de Mercedes Lewis Hamilton logrou o campionato do mundo de pilotos de 2.014 con 384 puntos, por diante do seu compañeiro de equipo, Nico Rosberg que sufriu problemas técnicos durante a carreira final en Abu Dabi e finalizou 14º, pero gañou o Trofeo Pole 2014. Mercedes lograra o seu primeiro Campionato de Construtores en Rusia, acadando unha vantaxe inalcanzable de 278 puntos de vantaxe sobre Red Bull Racing.

Durante esta tempada por primeira vez desde a tempada de Ferrari non gañou ningunha carreira, así como, por primeira vez na historia desde a tempada inaugural en nin Ferrari nin ningún construtor británico gañaron ningunha carreira do campionato.

miniatura|Lewis Hamilton, Campión do mundo de pilotos de 2014. miniatura|300px|Mercedes F1 W05 Hybrid, o Mercedes gañador do campionato mundial de Fórmula 1 de .

Escuderías e pilotos

Os seguintes equipos e pilotos participarán na tempada de 2014.

                Equipo                          Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Nº   Piloto carreiras           Carreiras Nº Pilotos nas prácticas libres Caterham F1 Team 135px Caterham-Renault CT05 Renault Energy F1-2014 9461045 Marcus EricssonWill StevensAndré LottererTBA 1–161912 454546 Alexander RossiRoberto MerhiRobin Frijns Scuderia Ferrari 135px Ferrari F14 T Ferrari 059/3 714 Kimi RäikkönenFernando Alonso TodasTodas Sahara Force India F1 Team 135px Force India-Mercedes VJM07 Mercedes PU106A Hybrid 1127 Sergio PérezNico Hülkenberg todasTodas 34 Daniel Juncadella Lotus F1 Team 135px Lotus-Renault E22 Renault Energy F1-2014 813 Romain GrosjeanPastor Maldonado TodasTodas 3031 Charles PicEsteban Ocon Marussia F1 Team 135px Marussia-Ferrari MR03 Ferrari 059/3 417 Max ChiltonJules Bianchi 1–161–15 42 Alexander Rossi McLaren Mercedes 135px McLaren-Mercedes Mercedes PU106A Hybrid 2022 Kevin MagnussenJenson Button TodasTodas 135px Mercedes Mercedes PU106A Hybrid 644 Nico RosbergLewis Hamilton TodasTodas Infiniti Red Bull Racing 135px Red Bull-Renault RB10 Renault Energy F1-2014 13 Sebastian VettelDaniel Ricciardo TodasTodas Sauber F1 Team 135px Sauber-Ferrari C33 Ferrari 059/3 2199 Esteban GutiérrezAdrian Sutil Todastodas 363737 Giedo van der GardeSergey SirotkinAdderly Fong Scuderia Toro Rosso 135px Toro Rosso-Renault STR9 Renault Energy F1-2014 2526 Jean-Eric VergneDaniil Kvyat TodasTodas 38 Max Verstappen Williams Martini Racing 135px Williams-Mercedes FW36 Mercedes PU106A Hybrid 1977 Felipe MassaValtteri Bottas TodasTodas 4041 Felipe NasrSusie Wolff Fontes:

* Para o resto da súa carreira, Vettel escollerá o nº 5.

Cambios nos equipos Cosworth decidiu non construír un motor para adaptarse aos regulamentos de 2014. Esta decisión provocou que Marussia, o único equipo con motores Cosworth durante a tempada , buscase un novo provedor de motores. Uníronse ao programa de clientes de Ferrari que fornecera o equipo co motor e o sistema de propulsión para o 2014 e posteriormente. A Scuderia Toro Rosso asinou un acordo con Renault para fornecerse de motores en 2014, poñendo fin ao acordo de sete anos con Ferrari. Williams rompeu con Renault logo de dúas tempadas, cambiou aos motores Mercedes, no que o equipo describiu como un "contrato a longo prazo. O acordo produciuse logo de que Renault anunciara as súas intencións de reducir o fornecemento de motores a tres equipos en 2014.

Cambios de pilotos

Retiradas

Mark Webber deixará a Fórmula 1 logo de doce tempadas, os últimos sete con Red Bull Racing. Pasará ao Campionato do Mundo de Resistencia, con Porsche no novo equipo LMP1. Paul di Resta deixa Force India.

Debutantes

Daniil Kvyat foi elixido como substituto de Ricciardo na Scuderia Toro Rosso, a decisión de fichar ao adolescente ruso foi unha sorpresa, os pilotos António Félix da Costa e Carlos Sainz Jr. do programa de novos pilotos de Red Bull e o piloto apoiado por McLaren Stoffel Vandoorne eran os principais contendentes para o asento. O director do equipo Toro Rosso Franz Tost apuntou como clave do éxito de Kvyat nunha variedade de campionatos de rodas abertos, incluíndo os campionatos de Eurocup Formula Renault 2.0 e Formula Renault 2.0 Alps, GP3 Series e Europa de Fórmula 3 , como o factor principal detrás da decisión de promovelo á Fórmula 1. Kevin Magnussen debuta con McLaren. Marcus Ericsson debuta con Caterham F1.

Cambios de escudaría

Felipe Massa deixará Ferrari ao final da tempada logo de oito anos correndo para o equipo. Trasladarase a Williams, deixando a Pastor Maldonado, sen asento. O Campión do Mundo de Kimi Räikkönen conseguiu o asento de Massa, volvendo ao equipo logo de dous anos no Campionato do Mundo de Rallyes, e dous anos correndo con Lotus F1. A asociación de Räikkönen e Fernando Alonso supón a primeira vez desde que Ferrari disputa unha tempada con dous Campións do mundo no equipo. Daniel Ricciardo deixará a Scuderia Toro Rosso para ocupar o seu asento, converténdose no segundo piloto que pasa do programa de novos pilotos ao primeiro equipo de carreiras. Sergio Pérez deixará McLaren logo dunha tempada co equipo e ficha por Force India. Será substituído polo campión das Formula Renault 3.5 Series 2013 e membro do programa de McLaren para pilotos novos Kevin Magnussen. Pastor Maldonado deixa Williams e ficha por Lotus Nico Hülkenberg deixa Sauber e ficha por Force India, mentres que Adrian Sutil chega a Sauber nun intercambio de asentos.

Retornos

Kamui Kobayashi, regresa á Fórmula 1 co equipo Caterham F1.

Cambios a metade de tempada Na semana antes do Gran Premio do Reino Unido de 2014 Tony Fernandes propietario de Caterham F1 anunciou que vendera a súa participación no equipo a un grupo de investidores suízos e de Dubai. O expiloto de Midland e Spyker Christijan Albers foi nomeado director do equipo, o equipo declarou as súas intencións de seguir competindo baixo o nome de Caterham. O tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans e campión en 2011 da Super Fórmula André Lotterer fixo o seu debut na Fórmula Un con Caterham, en substitución de Kamui Kobayashi no Gran Premio de Bélxica. Baixo os termos do acordo, Kobayashi regresou ao equipo para o Gran premio de Italia. Os equipos Caterham e Marussia entran en suspensión de pagamentos. Bernie Ecclestone deulles a oportunidade de saltarse as carreiras americanas dos Estados Unidos e o Brasil.

Lista de carreiras previstas Os seguintes dazanove Grandes Premios están programados para levarse a cabo en 2014.

Rolda Gran Premio Circuíto Data 1 GP de Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne 16 de marzo 2 GP de Malaisia Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 30 de marzo 3 GP de Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 6 de abril 4 GP da China Circuíto Internacional de Xangai, Xangai 20 de abril 5 GP de España Circuíto de Cataluña, Barcelona 11 de maio 6 GP de Mónaco Circuíto de Mónaco, Monte Carlo 25 de maio 7 GP do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 8 de xuño 8 GP de Austria Red Bull Ring, Spielberg 22 de xuño 9 GPrix do Reino Unido Circuíto de Silverstone, Silverstone 6 de xullo 10 GP de Alemaña Hockenheimring, Hockenheim 20 de xullo 11 GP de Hungría Hungaroring, Budapest 27 de xullo 12 GP de Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Francorchamps 24 de agosto 13 GP de Italia Autodromo Nazionale Monza, Monza 7 de setembro 14 GP de Singapur Circuíto urbano de Marina Bay, Marina Bay 21 de setembro 15 GP do Xapón Circuíto de Suzuka, Suzuka 5 de outubro 16 GP de Rusia Circuíto urbano de Sochi, Sochi 12 de outubro 17 GP dos Estados Unidos Circuíto das Américas, Austin, Texas 2 de novembro 18 GP do Brasil Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 9 de novembro 19 GP de Abu Zabi Circuíto de Yas Marina, Abu Dabi 23 de novembro Fontes: Cambios no calendario miniatura| right | A Fórmula 1 viaxará a Rusia por primeira vez en 2014, co Gran Premio de Rusia que se celebrará no Circuíto de Sochi.

Red Bull chegou a un acordo con Bernie Ecclestone para reactivar o Gran Premio de Austria logo dunha ausencia de dez anos no calendario. A carreira, que terá lugar no Red Bull Ring, déuselle unha data provisional para xuño de 2014. o Gran Premio de Austria celebrouse por última vez na tempada no circuíto, cando era coñecido como o A1-Ring. O Gran Premio da India non se celebrará en 2014 despois que os organizadores trataran de que a carreira cambiara a súa data de outubro a abril, pero debido a problemas de calendario, os promotores da carreira chegaron a un acordo con Bernie Ecclestone, polo que a carreira non se levará a cabo en 2014 e no seu lugar volvera ao calendario en cunha data a principios de tempada. Está programado que Hockenheimring regrese ao calendario para acoller o Gran Premio de Alemaña, en consonancia co acordo de intercambio de carreiras establecido por primeira vez en con Nürburgring para que os dous circuítos acolleran o Gran Premio en anos alternos. A última carreira organizada en Hockenheimring foi a de . O Gran Premio de Corea foi eliminado do calendario. O calendario verá a incorporación do Gran Premio de Rusia coa carreira que se celebrará no Circuíto de Sochi en Sochi en novembro. A carreira terá lugar nun circuíto urbano que se constrúe en torno ao Recinto olímpico de Sochi. Será o primeiro Gran Premio de Rusia nun século, e a primeira vez que o país organizara unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. O Comité Olímpico Internacional advertiu que usará o seu poder para atrasar a carreira ata o ano se sente que a construción do circuíto e as instalacións interrompen os preparativos dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014.

Cambios

Cambios de regras Os regulamentos técnicos; Motor: a tempada 2014 viu a presentación dos novos motores de 1.600 cc V6 con turbo e caixa de cambios de 8 velocidades. As regras ditan o uso dun banco motor de noventa graos, co eixe do veo de manivelas fixo e os puntos de montaxe para o chasis, e os motores limitaranse a 15.000 rpm. As especificacións dos motores para 2014 din que deben durar polo menos 4.000 km., en comparación cos motores pre-2014, que estaban para durar só 2.000 km. KERS: o (Kinetic Energy Recovery System) KERS, por primeira vez desde a tempada , incorporarase no deseño do motor, a súa función como fonte de enerxía adicional verá a introdución do sistema de recuperación de Enerxía Térmica (TERS) A unidade TERS dará aos pilotos uns 161 CV de potencia adicional durante trinta e tres segundos por volta, en comparación coas unidades KERS usadas antes de 2014, o que daba aos pilotos 80 CV durante seis segundos por volta.