Julianna Margulies, nada o 8 de xuño de 1966 en Spring Valley, estado de Nova York, é unha actriz e produtora estadounidense. Tras interpretar varios pequenos papeis logrou o éxito co seu papel como a enfermeira Carol Hathaway no drama médico da NBC ER, rol polo que gañou un premio Emmy. No 2009, comezou a interpretar o papel de Alicia Florrick, personaxe principal no drama legal estadounidense The Good Wife na CBS que gañou un Globo de Oro, oito Screen Actors Guild Awards, un Satellite Awards, dos Television Critics Association Awards e tres Emmy, o último no 2014 como Mellor Actriz de Drama.

Gañou en oito ocasións o Screen Actors Guild Awards, converténdose na segunda muller máis veces premiada despois de Julia Louis-Dreyfus e foi nomeada ata en 17 ocasións, o que é tamén un récord nestes premios. Gañou seis veces polo seu traballo en ER, e dúas veces pola súa actuación en The Good Wife. En 2015, a revista TIME presentouna como unha das "100 persoas máis influentes do mundo" e ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Foi unha persoa activa para que a denominada Lei de Erin, contra o abuso infantil, fose aprobada nos estados dos Estados Unidos.

Traxectoria

Primeiros Anos Margulies naceu en Spring Valley (NY), é a máis nova de tres irmás. Estudou na Green Meadow Waldorf School. O seu pai é un creativo publicitario en Madison Avenue e a súa nai unha antiga bailarina do American Ballet Theatre.Davis (2009); pp. 173-174 De pequena, viviu en Nova York, Francia e Inglaterra. Aínda que seus pais son xudeus, e viviron unha tempada en Israel, antes de nacer Julianna, volveron a Nova York e a nai de Margulies converteuse ao catolicismo e criou a Julianna na fe católica.

Licenciouse no Sarah Lawrence College, onde actuou en varias obras. Tras a universidade, Julianna estudou un tempo con James Prince no Acting Studio de NY. O seu primeiro papel no cine, en 1991, foi como prostituta na película de Steven Seagal: Out for Justice.

Carreira No 1994, Margulies foi seleccionada para un papel no episodio piloto de ER, cunha personaxe que, desanimada pola súa relación co personaxe de George Clooney, intenta suicidarse. Supoñíase que a personaxe ía morrer, pero tras a resposta positiva da audiencia á súa personaxe, a trama modificouse e Margulies continuou a interpretar a enfermeira Carol Hathaway durante seis anos, e obtivo un nomeamento aos Emmy por cada un dos anos nos que actuou na serie, e premio pola súa actuación no primeiro ano.

Provocou moitísimo ruído nos medios o feito de que Julianna Margulies rexeitara unha oferta de 27 millóns de dólares por permanecer na serie, salario que a convertería nunha das actrices mellores pagadas na televisión. Tras abandonar a serie, traballou regularmente tanto en teatro como na pantalla. En teatro apareceu no MCC Theater coa produción Intrigue With Faye de Kate Robin e no Lincoln Center coas producións de Jon Robin Baitz, Then Unknowns.

O seu traballo para o cine tras ER inclúe Evelyn con Pierce Brosnan e Barco fantasma con Gabriel Byrne e Ron Eldard. Foi a protagonista e narradora (Morgaine) na miniserie de 2001 da TNT, The Mist of Avalon. En 2004 foi invitada en dous episodios da cuarta temporada do éxito televisivo Scrubs. Tamén protagonizou outra miniserie da TNT, The Grid no 2004. En abril de 2006, apareceu na película Snakes on a Plane, como a auxiliar de voo Claire Miller. En decembro de 2006 interpretou a Jennifer Bloom na miniserie de SyFy, The lost room.

Nunha entrevista con tvguide.com en agosto de 2006, Margulies admitiu que estivo a piques de aceptar unha oferta para volver a Urxencias para unha trama de 4 episodios con Noah Wyle que se filmaría en Hawaii durante a temporada 2005-2006. Porén, rexeitouno no último minuto. Nesa mesma entrevista dixo que aprecia o feito de que os produtores da serie lle pidan que volva cada ano, cousa que a ela "lle encanta que o fagan".

Ata 2016, Margulies interpretou a Alicia Florrick na serie de CBS The Good Wife, ano no que se deu por finalizada a nomeada serie. Era unha avogada que regresa á práctica legal despois de que o seu marido (interpretado por Chris Noth) dimitira como Fiscal do Estado de Illinois debido a un escándalo sexual e a corrupción.

No 2009, recibiu o NYWIFT Muse Award que se entrega ás mulleres que traballan en cine e televisión. O 17 de xaneiro de 2010, Margulies gañou un Golden Globe polo seu papel en The good wife e o 23 de xaneiro, bateu o seu propio récord ao recibir o seu terceiro premio do Sindicato de Actores polo seu papel. Tamén ese ano, Margulies foi nomeada como Mellor Actriz en Serie dramática nos Emmy, o seu sétimo nomeamento ao Emmy, que acabou perdendo ante Kyra Sedgwick. O 30 de xaneiro de 2011 gañou outro premio Screen Actors Guild polo seu papel, mentres que The Good Wife foi novamente nomeada a mellor elenco nun espectáculo de televisión, pero perdeu ante Boardwalk Empire. O 14 de xullo de 2011, foi nomeada para un segundo Emmy a Mellor Actriz en serie dramática, premio que finalmente gañou na cerimonia dos premios Emmy o 18 de setembro de 2011. No 2014, gañou o seu terceiro Emmy, batendo novamente o seu propio récord, debido á súa actuación en The Last Call, no episodio 16 da temporada 5; este capítulo sirve como despedida da personaxe Will Gardner, interpretado por Josh Charles.

Vida persoal Margulies e o avogado Keith Lieberthal casaron o 10 de novembro de 2007, en Lenox, Massachusetts. Teñen un fillo, Kieran Lindsay Lieberthal, nado o 17 de xaneiro de 2008.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe 1991 Buscando xustiza Rica 1997 Traveller Jean 1997 Paradise Road Topsy Merritt 1998 The Newton Boys Louise Brown 1998 A Price Above Rubies Rachel 2000 What's Cooking? Carla 2000 Dinosaur Neera 2001 The Big Day Sara 2002 The Man from Elysian Fields Dena 2002 Evelyn Bernadette Beattie 2002 Love Gets You Twisted Narradora 2002 Barco fantasma Maureen Epps 2005 Slingshot Karen 2006 The Darwin Awards Carla 2006 Snakes on a Plane Claire Miller 2006 Beautiful Ohio Mrs. Cubano 2009 City Island Joyce Rizzo 2013 Tipos legais Nina Hirsch

Televisión Ano Título Personaxe Notas 1993 Murder, She Wrote Rachel Novaro 1 episodio 1993 Law & Order Tte. Ruth Mendoza 1 episodio 1994–2000; 2009 ER Carol Hathaway Personaxe recorrente (1994–2000, 2009) 1994 Homicide: Life on the Street Linda 2 episodios 1994 Philly Heat Anabella Larigo 2001 Jenifer Jenifer's Psychiatrist 2001 Breast Health: New Hope Narradora/Convidada Miniserie de televisión 2001 The Mists of Avalon Morgana Miniserie de televisión 2003 Hitler: The Rise of Evil Helene Hanfstaengl Telefilme 2004 Scrubs Neena Broderick 2 episodios 2004 The Grid Maren Jackson Miniserie de televisión 2006 The Lost Room Jennifer Bloom Miniserie de televisión 2006–07 The Sopranos Julianna Skiff 4 episodios 2006 The Armenian Genocide Narradora Documental 2007 American Masters Narradora 2008 Canterbury's Law Elizabeth Canterbury Tamén produtora 2009–2016 The Good Wife Alicia Florrick Serie de televisión

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión Categoría:Nados no condado de Rockland, Nova York Categoría:Nados en 1966