O termo Libre é o adxectivo relativo á liberdade. Pode referirse a:

En economía, o libre comercio é un concepto referente á venda de produtos entre países, libre de aranceis e de calquera forma de barreiras comerciais; En filosofía, o libre albedrío é a doutrina que sostén que as nosas decisións dependen de nós mesmos; En matemáticas, un número libre de cadrados é un enteiro n se non existe un número primo p tal que p2 divide n.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Libre, lugar da parroquia de Son, no concello de Navia de Suarna; O Libreiro, lugar da parroquia da Pena, no concello de Negreira.

Véxase tamén Outros artigos Acceso libre, movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías; Contido libre, concepto que abarca calquera obra funcional, de arte ou outro contido creativo que non posúe restricións legais significativas en relación co dereito de uso, a redistribución e a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros; Free Software Foundation, organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre; Loita libre, deporte; Radical, antes chamado Radical libre, átomo, molécula, ou ión que ten electróns de valencia desapareados; Software libre, software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións; Unión Libre, revista de creación e pensamento aberta a temas vitais e interculturais de Galiza e do mundo, con especial atención á memoria histórica e cun deseño artístico integral.