A batalla de Xutlandia (alemán: Skagerrakschlacht) foi unha batalla naval que enfrontou á Grand Fleet da Royal Navy (que tamén incluía barcos e persoal individual da Royal Australian Navy e a Royal Canadian Navy) contra a Hochseeflotte da Kaiserliche Marine durante a Primeira guerra mundial. A batalla tivo lugar entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 1916 no mar do Norte preto de Xutlandia, Dinamarca. Foi a meirande batalla naval e o único enfrontamento a grande escala do conflito. Foi o terceiro encontro entre acoirazados de aceiro, tras as máis pequenas pero máis decisivas batallas do Mar Amarelo (1904) e de Tsushima (1905) durante a guerra ruso-xaponesa.

A Hochseeflotte estaba comandada polo vicealmirante Reinhard Scheer, e a Grand Fleet polo almirante Sir John Jellicoe. A intención da frota alemá era atraer, atrapar e destruír unha parte da Grand Fleet, xa que a forza naval xermana era insuficiente para enfrontarse con éxito a toda a frota británica. Isto formaba parte dunha estratexia máis ampla para romper o bloqueo británico sobre Alemaña e así permitir que os mercantes alemáns operasen. Mentres tanto, a estratexia da Royal Navy era atacar e destruír a Hochseeflotte , ou manter á forza alemá lonxe das rutas de navegación británicas.

O plan alemán era o de usar ao rápido grupo de exploración do vicealmirante Franz Hipper, formado por cinco modernos cruceiros de batalla, para atraer aos escuadróns de acoirazados do vicealmirante Sir David Beatty cara a traxectoria da forza principal alemá. Anteriormente foron colocados submarinos nas probables zonas de paso dos barcos británicos. Porén, os británicos interceptaron sinais que lles fixeron sospeitar que probablemente houbese unha frota maior, polo que o 30 de maio Jellicoe navegou coa Grand Fleet para atoparse con Beatty, pasando sobre a liña de submarinos cando aínda non estaban preparados. O plan alemán atrasárase, causando máis problemas aos seus submarinos que chegaron ao límite do seu aguante no mar.

Na tarde do 31 de maio, Beatty atopou á forza de acoirazados de Hipper moito antes do que os alemáns agardaban. Hipper conseguiu levar a vangarda británica cara á traxectoria da Hochseeflotte. No momento no que Beatty avistou á frota principal regresou cara ao resto da frota británica, cando xa perdera dous cruceiros de batalla dun total de seis cruceiros e catro acoirazados, contra os cinco barcos comandados por Hipper. Os acoirazados, comandados polo contraalmirante Sir Hugh Evan-Thomas, foron os últimos en xirar e formaron a retagarda na retirada de Beatty, agora coa forza alemá perseguíndoos cara a principais posicións británicas. Entre as 18:30, cando o sol caía sobre o horizonte occidental, cegando ás forzas xermanas, e a caída da noite sobre as 20:30, as dúas frotas (cun total de 250 barcos) enfrontáronse directamente dúas veces.

Catorce barcos británicos e once alemáns foron afundidos con grandes perdas de vidas. Despois da posta de sol, e durante a noite, Jellicoe manobrou para cortarlles aos alemáns a retirada á base, coa esperanza de continuar a batalla a mañá seguinte, pero cubríndose na escuridade Scheer atravesou as forzas lixeiras británicas formando na retagarda da Grand Fleet e regresando a portoCambell, Analysis, p. 274.

Ámbalas dúas partes reclamaron a vitoria. Os británicos perderon máis barcos e o dobre de mariñeiros, e a prensa do país criticou o fracaso da Grand Fleet para forzar un resultado decisivo, pero o plan de Scheer de destruír unha parte substancial da frota británica tamén fracasou. A "frota en potencia" alemá continuaba sendo unha ameaza, requirindo aos británicos manter os seus acoirazados concentrados no mar do Norte, pero a batalla confirmou a política xermana de evitar calquera contacto entre frotas. Ao final do ano, despois de máis infrutuosos intentos de reducir a vantaxe numérica da Royal Navy, a Kaiserliche Marine volveu os seus esforzos e recursos á guerra submarina sen restricións coa destrución de barcos aliados e neutrais, o que levaría en abril de 1917 á entrada dos Estados Unidos no conflito.

Antecedentes e planificación Planificación alemá Con 16 acoirazados tipo dreadnought, comparados cos 28 da Royal Navy, a Hochseeflotte alemá tiña poucas posibilidades de gañar nun choque frontal contra a frota británica. Os alemáns adoptaron entón unha estratexia de intentar dividir as forzas inimigas. Organizaron incursións no Mar do Norte e bombardeos na costa inglesa, co obxectivo de atraer pequenas escuadras británicas que poderían ser destruídas por forzas superiores ou por submarinos.

En xaneiro de 1916 o almirante Hugo von Pohl, comandante da frota alemá, púxose enfermo. Foi substituído por Reinhard Scheer, que cría que a frota fora usada de xeito demasiado defensivo, que tiña mellores barcos e homes ca a británica, e que se debía levar a guerra cara ao inimigo.Tarrant, p. 49 Segundo Scheer, a estratexia naval alemá debería ser "danar a frota inglesa a través de incursións ofensivas contra as forzas navais que participan na observación e bloqueo da baía alemá, ademais da colocación de minas na costa británica e ataques submarinos, sempre que sexa posible. Despois de conseguir unha igualdade de forzas coo resultado destas operacións, todas as nosas forzas terían que prepararse e concentrarse, e intentaríase que a nosa frota buscase batalla en condicións desfavorables para o inimigo".

O 25 de abril, tomouse unha decisión por parte do almirantado alemán para deter os ataques indiscriminados dos submarinos contra barcos mercantes. Isto debeuse ás protestas de países neutrais, sobre todo dos Estados Unidos, xa que os seus cidadáns estaban sendo vítimas deses ataques. Alemaña accedeu a que os seus ataques nun futuro só terían lugar de acordo aos acordos internacionais, que requiría do atacante dar un aviso antes e permitirlle ás tripulacións dos barcos que o abandonasen a tempo, e non atacar a barcos totalmente neutrais. Scheer pensaba que non sería posible continuar cos ataques nesas condicións, que deixaba aos submarinos sen a vantaxe da sorpresa e facíaos vulnerables ás pequenas armas dos seus obxectivos. Debido a isto a frota de submarinos foi destinada para atacar barcos militaresTarrant, p. 55.

Agardábase que, despois dun ataque con éxito dun submarino alemán, os rápidos escoltas británicos, como os destrutores, serían destinados a operacións antisubmarinas. Se os alemáns podían coller aos alemáns nas localizacións previstas, podería ser unha boa oportunidade de restablecer o equilibrio entre as frotas. A esperanza de Scheer era poder ser capaz de emboscar a unha sección da frota británica e destruílaCambell, Analysis, p. 2.

Despregue de submarinos Ideouse un plan para estacionar submarinos no litoral das bases navais británicas, e a continuación organizar algunha acción que puideses sacar aos buques británicos cara onde os submarinos agardaban. O cruceiro de batalla SMS Seydlitz fora danado nun enfrontamento anterior, pero debía ser reparado antes de mediados de maio, polo que se organizou unha operación para o 17 de maio. A comezos do mes descubríronse problemas cos condensadores en barcos do terceiro escuadrón de cruceiros de batalla, polo que a operación foi atrasada para o 23 de maio. Dez submarinos (U-24, U-32, U-43, U-44, UC-47, U-51, U-52, U-63, U-66 e U-70) recibiron primeiro ordes de patrullar a zona central do mar do Norte entre o día 17 e o 22, e posteriormente tomar as súas posicións de espera. Os U-43 e U-44 foron estacionados en Pentland Firth, por onde a Grand Fleet adoitaba pasar tras deixar Scapa Flow, mentres que o resto de submarinos dirixíronse cara ao fiorde de Forth, agardando aos cruceiros de batalla que saían de Rosyth. Cada barco tiña unha área asignada, dentro da cal podía moverse se o precisaba para evitar ser detectado, pero baixo as ordes de manterse no seu interior. Durante a patrulla inicial no mar do Norte mandóuselles que navegasen só de norte a sur, para que se algún inimigo se atopaba con eles pensase que estaban de regreso dunha operación. Unha vez nas súas posicións finais, os barcos tiñan estritas ordes de evitar a detección prematura que puidese arruinar a operación. Dispúxose dun sinal codificado a través do cal se podería transmitir para alertar aos submarinos o momento exacto do comezo da operación.

Ademais, o UB-27 foi enviado o 20 de maio con instrucións para traballar de igual xeito no fiorde de Forth pasada a illa de May. Ao U-46 ordenóuselle patrullar a costa de Sunderland, que fora elixida para o ataque de distracción, pero debido a problemas no motor non puido deixar o porto e o U-47 foi desviado para realizar esta tarefa. O 13 de maio o U-72 foi enviado para colocar minas no fiorde de Forth; o día 23 o U-74 partiu para minar o fiorde Moray; e o 24 o U-75 partiu cara ás illas Orkney para realizar o mesmo traballo. Os UB-21 e UB-22 foron enviados a patrullar o estuario Humber, onde informes (incorrectos) suxerían a presenza de barcos de guerra británicos. Os U-22, U-46 e U-67 foron colocados ao norte de Terschelling para protexer a operación contra forzas lixeiras británicas estacionadas en HarwichTarrant, p. 57-58. miniatura|275px|O estreito de Skagerrak, paso estratéxico entre o mar Báltico e o mar do Norte O 22 de maio descubriuse que o Seydlitz aínda non era estanco tras as reparacións e que non estaría preparado ata o día 29. Os submarinos estaban xa nas súas posicións e estaban experimentando dificultades debido ás condicións de visibilidade e do mar. Os británicos decatáranse dunha actividade submarina infrecuente e comezaron a realizar patrullas que obrigaron aos submarinos a deixar as súas zonas. O UB-27 pasou Bell Rock na noite do 23 de maio no seu camiño cara ao fiorde de Forth tal e como estaba planeado, pero tivo que deterse por problemas no motor. Despois das reparacións continuou aproximándose, seguindo a barcos mercantes, e acadou a baía Largo o 25 de maio. Alí o submarino enredouse en redes que atascou unha das súas hélices, forzándoo a abandonar a operación e regresar a casa. O U-74 foi detectado por catro arrastreiros armados o 27 de maio e afundido a 40 km ao sueste de Peterhead. O U-75 puxo as súas minas nas illas Orkney, e aínda que non tomou parte na batalla, estas foron as responsables do afundimento do cruceiro Hampshire on de ía Lord Kitchener (xefe do exército) nunha misión a Rusia o 6 de xuño. O U-72 foi forzado a abandonar a súa misión sen colocar as minas cando unha fuga de aceite revelou a súa posición deixando unha estela tras o submarinoTarrant, p. 58-60.

Cepelíns Os alemáns mantiñas unha frota de cepelíns que usaron para o recoñecemento aéreo e para ataques de bombardeo ocasionais. A incursión planeada en Sunderland pretendía usar cepelíns para ver se a frota británica se aproximaba dende o norte, e así evitar que sorprendese aos atacantes.

Cara ao 28 de maio, fortes ventos do noroeste fixeron que non fose posible enviar os Zeppelíns, polo que a incursión tivo que ser adiada novamente. Os submarinos podían está nas súas posicións só ata o 1 de xuño antes de que as súas subministracións se rematasen e tivesen que regresar, polo que se tiña que tomar rapidamente unha decisión sobre o ataque.

Decidiuse usar un plan alternativo, abandonando o ataque en Sunderland e enviando no seu lugar unha patrulla de cruceiros de batalla cara ao Skagerrak, onde probablemente atoparían buques mercantes transportando mercadorías británicas e patrullas de cruceiros inimigos. Considerouse que isto podería facerse sen apoio aéreo, xa que a acción realizaríase moito máis preto de Alemaña, confiando as tarefas de recoñecemento ás patrullas de cruceiros e torpedeiros.

As ordes para o plan alternativo emitíronse o 28 de maio, aínda que se tiñan esperanzas dunha mellora nas condicións climatolóxicas que permitise levar a cabo o plan orixinal. A frota alemá reuniuse no río Jade e en Wilhelmshaven e indicóuselle que estivese lista para a acción na medianoite do 28 de maioTarrant, p. 61.