A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da segunda guerra mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a Armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol de Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".

A operación xaponesa, ao igual que o anterior ataque a Pearl Harbor, buscaba eliminar os Estados Unidos como unha potencia estratéxica no Pacífico, dándolle así vía libre ao Xapón para crear a súa Esfera de Coprosperidad da Gran Asia Oriental. Os xaponeses agardaban que outra desmoralizante derrota forzase aos Estados Unidos a capitular na Guerra do Pacífico e asegurar así o dominio xaponés no océano.

O plan xaponés era atraer aos portaavións estadounidenses a unha trampa. A súa intención tamén era a de ocupar Midway como parte dun plan maior de estender o seu perímetro defensivo en resposta á incursión Doolittle. Esta operación tamén foi considerada preparatoria para posteriores ataques contra Fiji e Samoa.

O plan viuse entorpecido por erros xaponeses ao supoñer a reacción estadounidense e pola pobre disposición inicial. Hai que destacar tamén que os criptoanalistas estadounidense foron capaces de determinar a data e o lugar do ataque, permitindo á mariña estadounidense estar en garda e preparar unha emboscada. Catro portaavións (Akagi, Kaga, Soryu e Hiryu) e un cruceiro pesado xaponés foron afundidos pola actuación dun portaavións e un destrutor estadounidenses. Despois de Midway, e do desgaste esgotador da campaña nas illas Salomón, os programas de construción naval e adestramento de pilotos non puideron manter o ritmo suficiente para substituír as perdas, mentres que os Estados Unidos aumentaron a súa produción de barcos e aceleraron o adestramento de pilotos. centro|miniatura|Expansión naval xaponesa en abril de 1942.

Notas

Categoría:Batallas navais da segunda guerra mundial Categoría:1942 Categoría:Batallas do século XX