Bartolo Sabas Nicolás Catá Abalde, nado en Marín en 1849 e finado en Cuba en 1916, foi un xornalista galego.
Traxectoria miniatura|esquerda|Verdades amargas, 1896, segunda edición. Naceu na rúa Rivera Mayor. Aos quince anos de idade, canda o seu irmán máis vello, Antonio, emigrou a Cuba. En 1879, dende a sociedade La Festival intentou fundar un banco de xiro e depósitos para os envíos do diñeiro emigrante. Republicano e anticlerical, partidario da independencia da illa, escribiu o folleto autonomista Verdades amargas (1895). Regresou a Marín e fundou en 1897 El Eco de Marín, no que comezaron a colaborar Víctor Said Armesto, Julio Camba e Joaquín Pesqueira. Foi excomungado e publicou en 1900 El Eco Marinense, que foi suspendido dous anos despois. Acosado polo cerco católico e caciquil, sacou El Marinense en 1902, que pechou por denuncia das autoridades civís. Foi correspondente en Marín de Noticiero de Vigo. En 1909 editou Nuevo Marín, que pasou a denominarse El Eco de Marín dende 1912. O periódico custoulle a ruína, pois por orde do alcalde embargáronlle todos os bens. En 1914, despois dunha dura polémica coa prensa caciquil, desapareceu definitivamente. Regresou de novo a Cuba, onde morreu.
Obra Verdades amargas: exposición de los males que afligen á Cuba, causas que lo determinan y remedios que se aconsejan para su salvación, 1895.Segunda edición, 1896
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Anticlericalismo Julio Camba Ligazóns externas
Categoría:Xornalistas de Marín Categoría:Nados en Marín Categoría:Finados en 1916 Categoría:Anticlericais Categoría:Nados en 1849 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público