Irina Valerevna Shayjlislamova (en ) máis coñecida como Irina Shayk (en ), nada o 6 de xaneiro de 1986 en Yemanzhelinsk (Unión Soviética) é unha modelo rusa.

Traxectoria No ano 2004 gañou o Miss Cheliabinsk e comezou a carreira de modelo e un ano despois xa se adicaba a iso profesionalmente, asinando un contrato coa axencia Traffic e no ano 2007 converteuse nunha nova debutante da revista Sport Illustrated Swimsuit.

Dende entón ten protagonizado varias portadas e campañas publicitarias para Guess, Lacoste, La Perla ou Intimissimi, sendo a imaxe e embaixadora desta última.

No ano 2011 saltou á fama ao saberse que sería a primeira modelo rusa en ser portada da Sport Ilustrated Swimsuit.http://uk.eonline.com/news/226153/five-things-to-know-about-sports-illustrated-swimsuit-cover-hottie-irina-shaykhttp://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-1357147/Irina-Shayk-Sports-Illustrated-Swimsuit-2011-star-Ronaldos-girlfriend.html

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Modelos femininas de Rusia Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no óblast de Cheliábinsk Categoría:Rusos de ascendencia tártara