Plaid Cymru (que en galés quere dicir Partido de Gales) é un partido político galés de carácter nacionalista e socialista democrático. Ideoloxicamente, Plaid posiciónase na centro-esquerda do espectro político británico, e está a prol da independencia de Gales do Reino Unido.

Plaid Cymru foi creado en 1925 e conseguiu o seu primeiro escano no Parlamento do Reino Unido en 1966. O partido ten 4 dos 32 escanos galeses no Parlamento do Reino Unido, 43 dos 96 escanos do Senedd (Parlamento de Gales) e 200 dos 1 234 concelleiros locais. Ademais, baixo o liderado de Rhun ap Iorwerth, o Plaid Cymru converteuse no partido máis grande de Gales tras as eleccións do Senedd de 2026, e formou o seu primeiro goberno en minoría en maio de 2026.https://newyddion.s4c.cymru/article/ethol-rhun-ap-iorwerth-brif-weinidog-newydd-gymru

Evolución do voto

Eleccións ao Senedd (Parlamento de Gales) Elección Circunscrición electoral Rexional Total de asentos +/– Goberno Votos % Asentos Votos % Asentos 1999 290.572 28,4 312.048 30,6 2003 180.185 21,2 167.653 19,7 5 2007 219.121 22,4 204.757 21,0 3 2011 182.907 19,3 169.799 17,9 4 2016 209.376 20,5 211.548 20,8 1 2021 225.376 20,3 230.161 20,7 1

As eleccións de 2026 empregaron un sistema de votación diferente de só 16 circunscricións con 6 membros. Elección Votos % Asentos+/–Goberto 2026 444.665 35,4 20

Eleccións locais Elección Votos % Consellos ± Asentos ± 1995 115.900 12,5 1999 179.212 18,2 2 3 2004 149.352 16,4 2 30 2008 159.847 16,8 1 31 2012* 133.961 15,8 41 2017 160,519 16.5 1 33 2022 160.284 16,9 3 6 *As cifras de 2012 exclúen Ynys Môn, onde a votación se atrasou ata 2013. Os cambios nos escanos e votos que se mostran para 2012 son unha comparación directa desde as eleccións de 2008 nos 21 concellos presentados a eleccións (é dicir, excluíndo Ynys Môn).

En 2008, Plaid Cymru gañou 205 escanos, incluídos seis en Ynys Môn. Para os efectos desta táboa, a cifra de 205 reduciuse a 199 para as eleccións de 2012, onde o partido perdeu 41 dos 199 escanos que defendía esa noite, deixándoos con 158 escanos.

Nas eleccións de 2013 en Ynys Môn, o partido gañou 12 escanos, fronte aos 6 que gañou en 2008 (aínda que houbo cambios significativos nos límites e unha redución no número total de escanos de 40 a 30).

As cifras de 2017 baséanse nos cambios das eleccións de 2012 e 2013 (de aí a pequena diferenza no aumento porcentual).

Eleccións ao Parlamento Europeo Elección Gales +/– Votos % Representante(s) 1979 83.399 11,7 1984 103.031 12,2 1989 115.062 12,9 1994 162.478 17,1 1999 185.235 29,6 2 2004 159.888 17,1 1 2009 126.702 18,5 2014 111.695 15,3 2019 163.928 19,6

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial