Seinäjoki é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Ostrobotnia do Sur. Segundo o censo de 2012 tiña unha poboación de 59.557 habitantes. É famosa por albergar cada ano o festival de tango Tangomarkkinat.

Xeografía A cidade está dividida en dúas partes. De feito, a cidade de Seinäjoki absorbeu o antigo concello de Peräseinäjoki en 2005. A antiga vila agrícola correspóndese coa parte sur da cidade de Seinäjoki.

A localidade está situada no val do río Seinäjoki, que flúe cara ao norte ao Kyrönjoki.

Limita coas localidades de Ilmajoki e Jalasjärvi ao oeste, e Alavus ao leste, Virrat e Kihniö ao sur (na rexión de Pirkanmaa).

O concello expandiuse no 2009 ao fusionarse cos concellos de Nurmo e Ylistaro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Ostrobotnia do Sur