miniatura|Espada da Idade de Bronce.|300x300px A Idade de Bronce () foi un período histórico caracterizado principalmente polo uso de ferramentas de bronce e o desenvolvemento de sociedades urbanas complexas, así como pola adopción da escritura nalgunhas zonas. A Idade do Bronce é o período medio principal do sistema das tres idades, que segue á Idade de Pedra e precede á Idade de Ferro. Concibida como unha era global, a Idade do Bronce segue ao Neolítico, cun período de transición entre ambos os coñecido como Calcolítico. As últimas décadas da Idade do Bronce na conca mediterránea adoitan caracterizarse como un período de colapso social xeneralizado, coñecido como Colapso da Idade do Bronce Final (), aínda que a súa gravidade e alcance é obxecto de debate entre os estudosos.
Considérase que unha civilización antiga forma parte da Idade do Bronce se producía bronce fundindo o seu propio cobre e o aleandaba con estaño, arsénico ou outros metais, ou si intercambiaba outros obxectos por bronce procedente de zonas produtoras doutros lugares. As culturas da Idade do Bronce foron as primeiras en desenvolver a escritura. Segundo as evidencias arqueolóxicas, as culturas de Mesopotamia, que utilizaban a escritura cuneiforme, e Exipto, que utilizaba xeroglíficos, desenvolveron os primeiros sistemas prácticos de escritura.
O termo, que acuñou en 1820 o arqueólogo danés Christian Jürgensen Thomsen para clasificar en tres idades as coleccións da Comisión Real para a Conservación das Antigüidades de Copenhague, , abarca un período entre aproximadamente o 3300 e o 1200a.C., pero esta cronoloxía só ten valor no Próximo Oriente e Europa, posto que á metalurxia chegouse a través de procesos distintos nas diferentes rexións do mundo. O seu estudo divídese en Bronce Antigo, Bronce Medio e Bronce Final. Aínda que, xeralmente, ao bronce adoita precederlle unha Idade do Cobre e seguirlle unha Idade de Ferro, isto non sempre foi así: na África subsahariana, por exemplo, desenvolveuse a metalurxia do ferro sen pasar polas do cobre e bronce.
A tecnoloxía relacionada co bronce foi desenvolvida no Próximo Oriente a finais do IV milenio a. C., datándose en Asia Menor antes do 3000 a. C.; na antiga Grecia comezouse a utilizar a mediados do III milenio a. C.; na Asia Central o bronce coñecíase ao redor do 2000 a. C., en Afganistán, Turkmenistán e Irán, aínda que na China non comezou a usarse até 1800 a. C., adoptándoo a dinastía Shang.
A data de adopción do bronce varía segundo as culturas: Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán. Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).
Contextualizando a Idade do Bronce A metalurxia do bronce foi, do mesmo xeito que pasou coa do cobre (véxase Calcolítico), unha innovación máis entre todas as que se produciron en tales períodos. A gran diferenza é que a primeira se desenvolveu en contextos desprovistos de minerais, mentres que a segunda o fixo en rexións ricas en xacementos de cobre.
A división tripartita da Idade dos Metais prima o cambio tecnolóxico por encima dos de tipo social ou económico, ao contrario do que sucede co Neolítico. Iso está baseado no caso de que a metalurxia provoca a transformación das sociedades que a utilizan, xerando unha intensificación do comercio a longa distancia, unha certa especialización laboral e o aumento da diferenciación social.
Tal innovación é facilmente recoñecible no rexistro arqueolóxico, pero é de menor importancia para a aparición das primeiras civilizacións urbanas que, por exemplo, o desenvolvemento dos símbolos pictográficos e ideográficos que formarían as protoescrituras iniciais. Os xeroglíficos en Exipto, o cuneiforme en Sumeria ou o lineal A (aínda sen descifrar) en Creta, converteron nunha realidade a comunicación escrita dos incipientes estados. E coa escritura a rexión entrou na Historia.
A Idade do Bronce é claramente histórica en boa parte do Próximo Oriente, pero, ao non haber ningún tipo de ruptura entre as sociedades prehistóricas e históricas desta parte do mundo, neste artigo inclúese tamén unha síntese dos procesos que se deron nela. Uso do metal As civilizacións da Idade do Bronce obtiveron unha vantaxe tecnolóxica grazas ás propiedades do bronce, máis duro e duradeiro que outros metais dispoñibles na época. Aínda que o ferro terrestre abunda de forma natural, a maior temperatura necesaria para a súa fundición, , ademais da maior dificultade para traballar con el, situárono fóra do alcance do uso común até finais do II milenio a. C. O punto de fusión máis baixo do estaño, de , e o punto de fusión moderado do cobre, de , situaban a ambos os metais dentro das capacidades dos fornos de olaría neolíticos, que datan do 6000 a.C. e eran capaces de producir temperaturas de polo menos . Os minerais de cobre e estaño son raros, xa que non existían bronces de estaño na Asia Occidental antes de que se iniciase o comercio do bronce no III milenio a.C.
A Idade do Bronce caracterízase polo uso xeneralizado do bronce, aínda que a introdución e o desenvolvemento da tecnoloxía do bronce non foron universalmente sincrónicos. A tecnoloxía do bronce de estaño require técnicas sistemáticas: o estaño debe extraerse (principalmente como mineral de estaño casiterita) e fundirse por separado, para despois engadirse ao cobre quente e fabricar a aliaxe de bronce. A Idade de Bronce foi unha época de uso extensivo dos metais e de desenvolvemento de redes comerciais. Un informe de 2013 suxire que o bronce con aliaxe de estaño máis antigo foi unha lámina datada a mediados do V milenio a. C. procedente dun xacemento da cultura Vinča en Pločnik, Serbia, aínda que esta cultura non se considera convencionalmente parte da Idade do Bronce; con todo, cuestionouse a datación da lámina. Oriente Próximo A Asia occidental e o Oriente Próximo foron as primeiras rexións en entrar na Idade de Bronce, a partir do xurdimento da civilización mesopotámica de Sumeria a mediados do IV milenio a.C.. As culturas do antigo Próximo Oriente practicaban unha agricultura intensiva durante todo o ano, desenvolveron sistemas de escritura, inventaron o torno de oleiro, crearon gobernos centralizados (normalmente en forma de monarquías hereditarias), formularon códigos legais escritos, desenvolveron cidades-estado, nacións-estado e imperios; embarcáronse en proxectos arquitectónicos avanzados; e introduciron a estratificación social, a administración económica e civil, a escravitude, e practicaron a guerra organizada, a medicina e a relixión. As sociedades da rexión sentaron as bases da astronomía, das matemáticas e da astroloxía.
As seguintes datas son aproximadas.
Divisións da Idade de Bronce de Oriente Próximo A Idade de Bronce no Oriente Próximo pódese dividir en períodos Primeiro, Medio e Tardío. As datas e fases que se indican a continuación aplícanse unicamente ao Oriente Próximo, non universalmente.The Near East period dates and phases are unrelated to the bronze chronology of other world regions.Piotr Bienkowski, Alan Ralph Millard, eds. Dictionary of the ancient Near East. p. 60.Amélie Kuhr. The Ancient Near East, c. 3000–330 BC. p. 9. Con todo, algúns arqueólogos propoñen unha «cronoloxía alta», que prolonga períodos como a Idade de Bronce intermedia entre 300 e 500-600 anos, baseándose na análise de materiais do Levante meridional en cidades como Hazor, Xericó e Beit She'an. Primeira Idade de Bronce (PIB): 3300–2100 BC 3300–3000: PIB I 3000–2700: PIB II 2700–2200: PIB III 2200–2100: PIB IV Idade de Bronce Media (IBM) ou Idade de Bronce Intermedia (IBI): 2100–1550 BC 2100–2000: IBM I 2000–1750: IBM II A 1750–1650: IBM II B 1650–1550: IBM II C Idade de Bronce Tardío (IBT): 1550–1200 BC 1550–1400: IBT I 1400–1300: IBT II A 1300–1200: IBT II B (Colapso da Idade de Bronce)
Anatolia miniatura|upright|Prancha de bronce hitita de Çorum-Boğazköy que data de 1235 a.C., Museo de Civilizacións de Anatolia, Ankara O Imperio hitita estableceuse durante o século XVIII a.C. en Hattusa, ao norte de Anatolia. No seu apoxeo, no século XIV a.C., o reino hitita abarcaba o centro de Anatolia, o suroeste de Siria até Ugarit e a alta Mesopotamia. Despois do 1180 a.C., no medio dunha axitación xeral no Levante, que se conxectura estivo asociada á repentina chegada dos Pobos do Mar., o reino desintegrouse en varias cidades-estado «neohititas» independentes, algunhas das cales sobreviviron até o século VIII a.C.
Arzawa, na Anatolia occidental, durante a segunda metade do II milenio a.C., probablemente estendíase ao longo do sur de Anatolia nun cinto desde preto da rexión dos lagos turcos até a costa do Exeo. Arzawa era o veciño occidental do Medio e Novo reino hitita, ás veces un rival e, noutras ocasións, un vasalo.
A liga Asuwa foi unha confederación de estados da Anatolia occidental derrotada polos hititas baixo o anterior Tudhaliyas I. (). Arzawa foi asociada coa máis escura Asuwa xeralmente situada ao seu norte. Probablemente limitaba con ela, e puido ser un termo alternativo para ela durante algúns períodos. Exipto
Dinastías da Idade de Bronce miniatura|upright|Espello de bronce cunha figura humana feminina na base, Dinastía XVIII de Exipto (1540-1296 a.C.) miniatura|upright|Esfinxe-león de Thutmose III (1479–1425 BC)
No Antigo Exipto, a Idade de Bronce comezou no período protodinástico (). A Idade arcaica do Bronce Antigo de Exipto, coñecida como Período arcaico de Exipto ou Período Dinástico Temperán,Karin Sowada and Peter Grave. Egypt in the Eastern Mediterranean during the Old Kingdom.Lukas de Blois and R. J. van der Spek. An Introduction to the Ancient World. p. 14. inmediatamente despois da unificación do Baixo e o Alto Exipto, (). Xeralmente considérase que inclúe as dinastías Primeira e Segunda, que duraron desde o Período Protodinástico até , ou o comezo do Reino Antigo. Coa Primeira Dinastía, a capital trasladouse de Abidos a Menfis, cun Exipto unificado gobernado por un deus-rei exipcio. Abidos seguiu sendo a principal terra sacra do sur. Os acenos de identidade da antiga civilización exipcia, como a arte, a arquitectura e a relixión, tomaron forma no período dinástico temperán. Menfis, na Idade de Bronce temperá, foi a cidade máis grande da época. O Antigo Reino da Idade de Bronce rexional é o nome dado ao período no III milenio a.C. no que a civilización exipcia alcanzou o seu primeiro pico continuo de complexidade e logros, o primeiro dos tres períodos do "Reino" que marcaron os puntos álxidos da civilización no Val do baixo Nilo (os outros foron o Reino Medio e o Reino Novo).
O Primeiro Período Intermedio de Exipto,Hansen, M. (2000). A comparative study of thirty city-state cultures: An investigation conducted by the Copenhagen Polis Centre. Copenhagen, Denmark: Det Kongelike Danske Videnskabernes Selskab. p. 68. descrito a miúdo como un «período escuro» da historia do antigo Exipto, abarcou uns 100 anos tras o final do Reino Antigo, desde 2181 até 2055 a.C. aproximadamente. Consérvanse moi poucas evidencias monumentais deste período, especialmente da súa primeira parte. O Primeiro Período Intermedio foi unha época dinámica na que o dominio de Exipto dividiuse aproximadamente en dúas zonas: Heracleópolis no Baixo Exipto e Tebas no Alto Exipto. Estes dous reinos acabaron entrando en conflito, e os reis tebanos conquistaron o norte, reunificando Exipto baixo un único gobernante durante a segunda parte da Undécima Dinastía. Nubia A Idade do Bronce en Nubia comezou xa no 2300 a.C. Os exipcios introduciron a fundición de cobre na cidade nubia de Meroe, no actual Sudán. . Un forno para a fundición de bronce achado en Kerma foi datado entre 2300 e 1900 a.C.
Dinastías do Bronce Medio