La Ilustración de La Coruña foi un xornal editado na Coruña entre 1860 e 1865.

Historia e características Subtitulado Diario de literatura, mercantil y avisos, apareceu a principios de xaneiro de 1860. Cambiou o seu título por Ilustración de la Coruña en febreiro de 1860 e a partir de 1864 volveu chamarse La Ilustración de la Coruña. Estivo dirixido por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, Eladio Fernández Miranda e Domingo Camino. Contiña información local e xeral e preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia. Cesou a súa edición en 1865.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1860 en Galicia