La Nacionalidad foi un semanario editado en Ourense en 1870.
Historia e características Subtitulado Periódico católico-monárquico, apareceu a principios de 1870. Fundado por Celedonio Osorio Lafuente, Venancio Moreno Pablos e Urbano Ferreiroa Millán. Entre os seus colaboradores estaban Juan Antonio Saco y Arce e Emilia Pardo Bazán. Incluíu notas informativas breves e artigos de opinión sobre a orixe divina do poder, a monarquía e a necesidade de que a Igrexa participara na política. Destacou pola súa tendencia carlista e a defensa dos intereses eclesiásticos. Mantivo polémicas con El Eco del Liceo, de carácter liberal. Cesou a súa publicación non antes de setembro de 1870.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Ourense
Categoría:1870 en Galicia