O CD7 (cluster de diferenciación 7) é unha proteína humana da superficie celular codificada no xene CD7 do cromosoma 17, que se encontra nos timocitos e células T maduras. Este xene codifica unha proteína transmembrana de 40 kDa que é un membro da superfamilia das inmunoglobulinas. O CD7 xoga un papel esencial nas interaccións das células T e tamén nas interaccións célula T/célula B durante o desenvolvemento linfoide temperán.
Interaccións O CD7 interacciona con PIK3R1.
Importancia clínica O CD7 pode ser expresado de forma anormal en certos tipos de anemia (anemia RAEB) e iso pode significar un peor prognóstico. Emprégase como marcador da leucemia linfática aguda de células T e para as leucemias de células nai pluripotenciais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Cluster de diferenciación Ligazóns externas MeshName - CD7+protein,+human
Categoría:Antíxenos CD Categoría:Inmunoloxía