O xasmín (Jasminum officinale) é unha especie fanerógama rubideira do xénero Jasminum, da familia das oleáceas. Cultivada en Galiza coma ornamental gateadora polo recendo das súas flores.

Descrición Presenta unha raíz adventicia; é un arbusto con follas lineais lanceoladas de bordo enteiro, penninervadas. A inflorescencia é unha cima bípara dicasia, con flores de ovario ínfero e presentan aceites esenciais. O froito é unha cápsula. Son hermafroditas, e se propaga vexetativamente.

Usos Emprégase como ornamental, tanto polo recendo das súas flores, como por ser rubideira, co que adoita abeirarse contra muros ou deixar gatear por pérgolas e parras.

Ademais é utilizado para fragrancia polo agradábel recendo que botan as súas flores, semellantes ao cheiro das gardenias e das flores dos cítricos.

Propiedades medicinais O xasmín é empregado como pectoral, tónico, adstrinxente, sedante nervioso, vulnerario.

O aceite esencial é moi utilizado en cosmética e perfumaría.

O froito é narcótico.

Taxonomía Jasminum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 7. 1753. Etimoloxía Jasminum: nome latino destas plantas. Podería derivar do persiano yasamin ou do árabe yasmin.

officinale: epíteto latino que significa "utilizada coma herba medicinal".En Epítetos Botánicos Sinonimia Jasminum affine Royle ex Lindl. Jasminum viminale Salisb. Jasminum vulgatius Lam.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Jasminum

Ligazóns externas USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)

officinale Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Símbolos de Paquistán Categoría:Flores Categoría:Taxons descritos por Linné