Candás é a parroquia máis poboada do concello de Carreño, no Principado de Asturias, e unha vila de devandita parroquia. A vila de Candás é a capital do concello.
Xeografía Localízase nun dos puntos máis setentrionais da Península Ibérica, a 13 quilómetros do Cabo de Peñas. Atópase perfectamente comunicada con Xixón, Avilés e Oviedo, cidades das que se atopa a distancias inferiores a 30 quilómetros. A parroquia no seu conxunto ten 7.320 habitantes, e a vila de Candás con 6.836 (INE 2009).
Economía Tradicionalmente a pesca e a industria conserveira foron os sectores económicos máis importantes do pobo, pero ambos entraron en crise coa apertura da factoría ENSIDESA e coa expansión da siderurxia na comarca de Avilés. Actualmente o turismo e a hostalaría, sobre todo no verán, tamén ocupan un lugar importante na economía da vila.
Un dos elementos máis significativos do pobo é o seu porto, no pasado un dos máis importantes do Mar Cantábrico.
Festividades As festas locais son o Festival da Sardiña (San Félix) o 1 de agosto e o Cristo, o 14 de setembro. Destaca tamén polo grande éxito de público o Festival de Bandes de Gaites Villa de Candás, un festival que vén celebrándose no mes de xullo desde 1997 onde se reúnen moitas das mellores formacións de Europa cun denominador común: a gaita. Tamén son de destacar as romarías tradicionais de San Antonio (13 de xuño) e San Roque (16 de agosto).
Galería de imaxes
Categoría:Parroquias de Carreño