Ramon d’Abadal i de Vinyals, nado en Vic o 1 de outubro de 1888 e finado en Barcelona o 17 de xaneiro de 1970, foi un historiador e político catalán. Traxectoria

Estudou dereito en Barcelona e Madrid e historia en París, militante da Lliga Regionalista, formación pola que foi deputado por Vic (1917-1921). Participou na fundación de Acció Catalana, escisión da Lliga. En 1933 volta á Lliga e dirixe La Veu de Catalunya.

En 1936 apoiou os sublevados en contra do goberno da República Española. Foi membro do Consello Privado de Xoán de Borbón. En 1943 entrou no Institut d'Estudis Catalans.

Os seus traballos históricos centráronse na historia medieval de Cataluña. Entre as súas obras destacan Catalunya carolíngia (1926-71), Els primers comtes catalans (1958) e El precedents antics a la història de Catalunya (1967).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

La Veu de Catalunya

Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Nados en Vic Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid