En inmunoloxía o CD6 (cluster de diferenciación 6) é un tipo de antíxeno glicoproteico situado na superficie de certas células do sistema inmunitario de mamíferos. Posúe unha masa molecular de 100-130 kDa e pola súa natureza bioquímica encádrase dentro da familia dos receptores vasoira (scavenger). A súa función na célula é unirse especificamente a CD166. Exprésase especificamente en timocitos, células T e células B en pacientes de leucemia linfática crónica. O CD6 nos humanos está codificado no xene CD6 do cromosoma 11.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas MeshName - CD6+protein,+human

Categoría:Antíxenos CD