O CD18 (cluster de diferenciación 18) ou integrina beta-2 é unha proteína da superficie de certas células, que nos humanos está codificada no xene ITGB2 do cromosoma 21.
É a subunidade beta de catro diferentes estruturas nas cales a cadea beta 2 está emparellada co CD11, que son: LFA-1 (emparellada co CD11a) antíxeno de macrófago-1 ou Mac-1 (emparellada co CD11b) Integrina alfaXbeta2 (emparellada co CD11c) Integrina alfaDbeta2 (emparellada co CD11d)
As integrinas son proteínas integrais de membrana da superficie celular compostas por unha cadea alfa e outra beta. O produto do xene ITGB2A é a integrina beta cadea beta 2. Nas integrinas unha cadea pode combinarse con outras diversas cadeas orixinando así distintos tipos de integrinas. Por exemplo, a beta 2 combínase coa cadea alfa L para formar a integrina LFA-1, e combínase coa cadea alfa M para formar a integrina Mac-1. As integrinas participan na adhesión celular e na sinalización mediada pola superficie celular. Nos humanos a carencia de CD18 causa a deficiencia de adhesión de leucocitos, unha doenza definida pola falta de extravasación de leucocitos do sangue aos tecidos.
Interaccións O CD18 interacciona con ICAM-1, FHL2, PSCD1 e GNB2L1.
Notas
Véxase tamén Outros artigos deficiencia de adhesión de leucocitos integrina
Bibliografía
Ligazóns externas MeshName - CD18+antigen ITGB2 Info cfon ligazóns en Cell Migration Gateway
Categoría:Antíxenos CD