A igrexa de San Martiño de Dornelas é a igrexa parroquial de Dornelas, no concello de Silleda.

Descrición Esta igrexa componse por unha única nave con ábsida semicircular. Na porta, presenta unha dobre arquivolta e dous laterais. Ten ademais contrafortes, seteiras e canzorros, entre outros, elementos que definen o románico rural do século XII. Nun dos muros laterais pode lerse a data de 1171, posible data de edificación.

Categoría:Igrexas de Silleda Categoría:Igrexas románicas de Galicia Dornelas