Crooked Rain, Crooked Rain é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Pavement, publicado o 2 de febreiro de 1994 a través do selo Matador Records. Con este traballo o grupo abandonou o son lo-fi amosado en Slanted and Enchanted.
O álbum foi reeditado o 26 de outubro de 2004 por Matador Records co nome de Crooked Rain, Crooked Rain: LA's Desert Origins. Esra versión contén dous discos. O primeiro é o traballo orixinal con caras-b e temas de recompilatorios da época. O segunto disco é unha colección de cancións non publicadas anteriormente e sesións ao vivo na BBC.
Foi elixido por Pitchfork Media o número 8 da súa lista dos "100 mellores álbums dos 90". No ano 2003 foi colocado no posto 210 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos", pasando ao 212 na revisión da lista en 2012, e no posto 10 dos seus "100 mellores álbums dos 90". No 2010 o tema "Gold Soundz" foi listado como número 1 na lista de Pitchfork Media das "200 mellores cancións dos 90".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Pavement Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de Matador Records