Gerhard Ludwig Müller, nado en Finthen (Baviera) o 31 de decembro de 1947, é un teólogo, arcebispo católico latino e cardeal alemán, que dende 2012 ocupa o cargo de Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe da Igrexa Católica.
Biografía Primeiros anos Gerhard Müller naceu en Finthen, un distrito de Maguncia, o 31 de decembro de 1947; fillo de Martin Müller e de Lioba, de apelido de solteira Straub. Logo de graduarse polo Bischöfliches Willigis-Gymnasium en Maguncia, estudou Filosofía e Teoloxía nas universidades de Maguncia, Múnic e Friburgo.
Doutorouse en 1977 cunha tese sobre a teoloxía de Dietrich Bonhoeffer, co título "Kirche und im Sakramente religionslosen Christentum. Bonhoeffers Beitrag zu einer Ökumenischen Sakramententheologie", dirixida polo profesor Karl Lehmann. Ao ano seguinte, o 11 de febreiro de 1978, foi ordenado sacerdote da diocese de Maguncia polo bispo Hermann Volk; e exerceu de vigairo parroquial en Klein Krotzenburg, Bürstadt e Offenbach am Main, e ao mesmo tempo foi profesor de relixión en Büdingen e Nidda.
En 1985 presentou unha disertación co título "Gemeinschaft und der Verehrung Heiligenstadt. Geschichtlich - systematische Grundlegung der Hagiologie" (Comuñón e veneración dos santos. Bases históricas e sistemáticas da haxioloxía)". Posteriormente, entre 1985 e 2002, foi profesor de Teoloxía Dogmática da Universidade de Múnic.
Episcopado O 1 de outubro de 2002 Xoán Paulo II nomeuno bispo de Ratisbona, recibindo a consagración episcopal o 22 de novembro de mans do arcebispo de Múnic e Frisinga Friedrich Wetter.
En 2005 publicou un libro conxuntamente con Gustavo Gutiérrez Merino, un dos teóricos da teoloxía da liberación, co título "Del lado de los pobres" (Instituto Bartolomé de las Casas, 2005). Na súa obra buscou presentar de maneira orgánica as realidades fundamentais do cristianismo.
Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe e Cardeal O 2 de xullo de 2012 Bieito XVI nomeouno Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, nomeándoo tamén presidente da Ponficia Comisión "Ecclesia Dei", da Comisión Teolóxica Internacional e da Pontifica Comisión Bíblica, ademais de elevarlle á dignidade de arcebispo.
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais. O 22 de febreiro de 2014 foi creado cardeal polo papa Francisco, co título de Cardeal-Diácono de Sant'Agnese in Agone.
Posturas doutrinais Teoloxía da liberación Con ocasión do seu nomeamento como doutor honoris causa pola PUPC en 2008, Müller impartiu unha conferencia baixo o título "Mis experiencias con la teología de la liberación". Falando de Gustavo Gutiérrez, de quen é pupilo e amigo persoal, Müller afirmou:
Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi considerada incompatible coa doutrina católica, a diferenza doutros teólogos desta corrente, Gustavo Gutiérrez nunca foi censurado pola Santa Sé, aínda que nalgunha ocasión se lle pediron modificacións aos seus traballos.
Distincións e premios Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Católica de Lublin en 2004, pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia en 2007 e pola Pontificia Universidade Católica do Perú en 2008.
O 28 de maio de 2009 o primeiro ministro bávaro Horst Seehofer concedeulle a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (Primeira Clase).
Obra
Obras colectivas
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Maguncia Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de Lublin Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia Categoría:Doutores honoris causa pola Pontificia Universidade Católica do Perú Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais Categoría:Membros da Congregación para a Doutrina da Fe