A nocicepción (tamén coñecida coma nociocepción ou nocipercepción) é o proceso neuronal polo que se codifican e procesan os estímulos potencialmente nocivos e daniños para os tecidos. Trátase da actividade aferente producida no sistema nervioso periférico e central polos estímulos que teñen potencial para danaren os tecidos Chronic Pain Management, Russell K. Portenoy, Michael J. Brennan, in Handbook of Neurorehabilitation, David C. Good, James R. Couch, eds. Informa Healthcare, 1994 ISBN 0-8247-8822-2. Esta actividade é iniciada polos nociceptores, (tamén chamados receptores da dor), que poden detectar cambios térmicos, mecánicos ou químicos por enriba do limiar do sistema. Unha vez estimulado, un nociceptor transmite un sinal a través da medula espiñal ao cerebro.

A nocicepción activa diversas respostas autónomas que conducen á experiencia da dor nos seres vivos que teñen un sistema nervioso.Bayne, Kathryn. (2000).Assessing Pain and Distress: A Veterinary Behaviorist's Perspective " in Definition of Pain and Distress and Reporting Requirements for Laboratory Animals: Proceedings of the Workshop Held June 22, 2000 (2000)

Véxase tamén Outros artigos Fibromialxia Dor

Notas

Categoría:Sistema nervioso Categoría:Nocicepción