A chirla (Chamelea gallina, Linnaeus 1767; antes Venus gallina) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.

Morfoloxía miniatura|esquerda|Chirla en Cataluña. Trátase dunha ameixa de pequeno tamaño (aínda que pode chegar a medir 4-4,5 cm), de cuncha sólida, equivalva, co umbo desviado cara a parte posterior e un perfil basicamente triangular. Presenta numerosas estrías finas concéntricas. Ten tres dentes cardinais en cada valva e ningún dente lateral. O bordo interior da cuncha é dentado.

A cor é castaña clara, amarelenta ou abrancazada, normalmente con bandas radiais anchas e máis escuras.

Hábitat e bioloxía Está presente na costa europea do Atlántico, desde Noruega ata as Canarias e Madeira, pero é máis frecuente no Mediterráneo. Vive na franxa infralitoral, ata profundidades de 50 metros.

Importancia pesqueira e comercial En Galicia non é obxecto de pesca pero na costa do Mediterráneo é máis estimada, para sopas e arroces.

Co nome de chirla desígnanse tamén outros moluscos de pequeno tamaño, e aplícase localmente á Gaivota chorona cando é nova (en Cangas de Morrazo, segundo Aníbal Otero) ou á lagosta común pequena (en Bares, concello de Mañón).

Véxase tamén

Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia

Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba. SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es

Categoría:Veneroideos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Produtos da pesca