é un filme xaponés dirixido por Takeshi Kitano que se estreou no 2010.
Sinopse Varios clans yakuza enfróntanse nunha loita implacable por acadar o poder e a protección do Presidente. Durante moitos anos, Otomo viu como progresaban os seus colegas: das tatuaxes elaboradas e as falanxes seccionadas pasaron ás altas finanzas. Dentro dun mundo onde reinan a corrupción, a traizón e a vinganza, os seus esforzos por chegar ó cumio, ou polo menos sobrevivir, non teñen fin.
Personaxes Takeshi Kitano como Otomo Kippei Shiina como Mizuno Ryo Kase como Ishihara Tomokazu Miura como Kato Jun Kunimura como Ikemoto Tetta Sugimoto como Ozawa Takashi Tsukamoto como Iizuka Hideo Nakano como Kimura Renji Ishibashi como Murase Fumiyo Kohinata como Detective Kataoka Soichiro Kitamura como Sekiuchi Yuka Itaya como Moza de Otomo Naoko Watanabe como Moza de Mizuno Yukiyo Tanahashi como Anfitrioa
Galardóns e nomeamentos 2010: Festival de Cannes: Nomeado á Palma de Ouro (mellor filme).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Takeshi Kitano