Manuel Martínez Barreiro, nado en Caracas en 1961, é un xornalista e escritor galego. Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia. Foi xefe de gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta entre o 2007 e o 2009, secretario da Alcaldía de Vigo no 2000 e asesor do Grupo Parlamentario do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1984-1993). De 1993 a 1995 foi director do Gabinete de Planificación e Programas da Universidade de Santiago de Compostela. Fixo parte da directiva da Coordinadora Galega de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (2002-2003).

Ten colaborado en diversos medios de comunicación como El País, Xornal de Galicia, Tempos Novos, A Nosa Terra dixital e Praza Pública.

Obras Ensaio A novísima dereita e nós, 2011, 2.0 editora.

Literatura infanto-xuvenil Area Maior, 2002, Xerais.

Edicións Prosa política no tempo das Irmandades da Fala, 1996, A Nosa Terra.

Obras colectivas A praza é nosa, 2011, 2.0 editora.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor Biografía en El País

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1961