Francisco "Patxi" Gamborena Hernandorena, nado en Irún (Guipúscoa) o 14 de marzo de 1901 e finado en Donostia o 30 de xullo de 1982, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Como xogador Toda a súa carreira futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, en cuxas categorías inferiores entrou en 1915, en 1921 xa se asenta no once titular do primeiro equipo e non o deixará ata 1934, anos nos que gañou dúas Copas do Rei (en 1924 e 1927).

Co club irundarra viviu o debut na recentemente creada Primeira División e o descenso a Segunda División anos despois.

Coa selección de fútbol Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de España, coa que participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, disputando un total de 20 encontros. Debutou co combinado o 7 de outubro de 1921.

Como adestrador Unha vez retirado do fútbol en activo dirixiu como adestrador a varios equipos, debutou trala guerra civil, en 1939, no Hércules CF pero só durou unha tempada. Posteriormente dirixiu á Real Sociedad (1941/42) e ao Real Oviedo (1947/48).

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo no ABC co gallo da súa morte Artigo no Mundo Deportivo

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Irún Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores da Real Sociedad Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Futbolistas olímpicos de España