Ángel Castiñeiras Beiras, nado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1959, é un exfutbolista galego máis coñecido como Gelo, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar no Vista Alegre da súa vila natal. Fichou polo Celta de Vigo despois de someterse a probas no FC Barcelona sen que chegase a concretarse nada. Converteuse no xogador máis xove do equipo, e tras acadar o ascenso a Primeira División de 1978 foi convocado coa Selección de fútbol de España sub-21.
Militou no Celta dez tempadas, xogando en Primeira, Segunda e incluso en Segunda División B. Tras o último ascenso a Primeira División, na tempada 1986/87, deixa o equipo. Posteriormente xogou no CD Lalín e no Mollerussa de Segunda División.
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1959 Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Lalín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes