Guntram (Op. 25) é unha ópera en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894 baixo a dirección do propio compositor. Foi a primeira ópera de Strauss e amosa unha forte influencia wagneriana. A música de Guntram cítase no poema tonal de Strauss Ein Heldenleben. O compositor revisou a partitura en 1940.
Traxectoria A ópera non tivo moito éxito, e representouse só unhas poucas veces en vida de Strauss. A primeira representación tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894. O papel de soprano de Freihild cantouno Pauline de Ahna, a futura esposa de Strauss. Interpretacións posteriores de Strauss incluíron a Múnic o 16 de novembro de 1895 e Praga o 9 de outubro de 1901. Unha interpretación en Frankfurt tivo lugar o 9 de marzo de 1910 baixo a batuta de Ludwig Rottenberg.
A versión revisada representouse por primeira vez en Weimar o 29 de outubro de 1940, dirixida por Paul Sixt, e máis tarde en 1942 en Berlín dirixida por Robert Heger.
En Hamburg, o 4 de febreiro de 1895, Gustav Mahler incluíu o Preludio ao Acto 1 no seu sexto concerto filharmónico. Incluíu os Preludios aos actos I e II nun concerto en Viena o 19 de febreiro de 1899, e en Nova York o 30 de marzo de 1910 coa New York Philharmonic Orchestra.
Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo ningunha representación da mesma nas estatísticas de Operabase durante o período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 10 de maio de 1894Director: Richard StraussDer alte Herzog, o vello duquebaixoKarl BuchaFreihild, súa fillasopranoPauline de Ahna, entón prometida de StraussHerzog Robert, seu homebarítonoFranz SchwarzGuntram, cantantetenorHeinrich ZellerFriedhold, cantantebaixoFerdinand WiedeyDes Herzogs Narr, o bufón do duquetenorHans GießenEine alte Frau, unha anciácontraltoLouise TibeltiEin alter Mann, un anciántenorHr. LutzDous rapacesbaixosHr. BarthHermann BucheTres vasalosbaixosHr. Fischer, Hr. Schustherr, Hr. HenningUn mensaxeirobarítonoHermann BucheCatro minnesingers2 tenores e 2 baixosHr. v. Szpinger, Hr. Knöfler, Hr. Glitsch, Hr. WeyrauchVasalos, minnesingers, monxes, serventes e vagabundos
Argumento Ambientada na Alemaña medieval, a historia triangular de estilo wagneriano de amor e redención trata sobre o trobador Guntram, o malvado duque Robert e a súa santa esposa Freihild. (A historia non ten relación co rei merovinxio Gontrán I).
O poeta e cantor Guntram disuade a Freihild, a infeliz esposa do despótico duque Robert, do suicidio. Guntram fai un chamamento á paz e decontado urxe a revolta contra o Duque, a quen mata. Gruntram fica preso e reflexiona sobre as súas accións, contra os principios da irmandade cristiá á que pertence, e influído polo seu amor por Freihild decide renunciar á irmandade e a Freihild para procurar o perdón de Deus.
Gravacións AnoElenco (GuntramFreihildO vello duqueDuque RobertFriedholdDirector,Teatro de ópera e orquestraSelo 1981William Lewis,Carole Farley,Patrick Wheatley, Terence Sharpe,John TomlinsonJohn PritchardBBC Symphony Orchestra e BBC SingersCD de son: GalaCat: GL 100787 2005Gian Luca Zampieri,Elena Comotti,Andrea Martin,Raphael Sigling,Thomas GazheliGustav KuhnFestival de Tirol, Erl Orquestra e coro masculino(Gravación en vivo)DVD: Col Legno80004
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Murray, David, "Guntram" en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie, Londres, 1992 ISBN 0-333-73432-7 Anderson, Keith (2002). La Ópera de la A a la Z. HNH International Ltd.. pp. 658. ISBN 1-84379-034-3
Ligazóns externas Amadeus Almanac Operone.de Partituras de Guntram en International Music Score Library Project (IMSLP)
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1894 Categoría:Óperas estreadas en Weimar