José Pérez Serer, nado en Quart de les Valls (provincia de Valencia) o 4 de maio de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, con cuxo primeiro equipo debutou o 30 de outubro de 1988, porén este sería o único encontro que disputou co Barcelona.
O resto da súa carreira trascurriu no RCD Mallorca, Valencia CF e Villareal CF, alternando Primeira e Segunda División.
Unha vez retirado do fútbol en activo traballou como adestrador, dirixindo ao FC Kairat de Kazakhstán no ano 2012. O 19 de febreiro de 2013 ficha polo Celta de Vigo como segundo adestrador de Abel Resino.
Notas
Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Adestradores de fútbol de España