miniatura|300px|dereita|Comprimidos de 200mg de ibuprofeno xenérico, un AINE común Os antiinflamatorios non-esteroides (abreviado AINE) son un grupo variado e quimicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, os cales reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre. Todos eles exercen o seu efecto mediante a inhibición do enzima ciclooxixenase. Os antiinflamatorios naturais, segregados polo propio organismo, son os derivados dos corticoides, substancias de orixe esteroideo de potente acción antiinflamatoria, pero con importantes efectos secundarios.Philippe Maslo, Raphaël Olle Cervera, Nuria Casals (2001): Las dolencias de la espalda (en español). Publicado por Editorial Paidotribo, 2001. ISBN 84-8019-266-6
En oposición aos corticoides, o termo "non esteroideo" aplícase aos AINE para recalcar a súa estrutura química non esteroidea e a menor cantidade de efectos secundarios. O termo foi acuñado en 1960 por Michael W. Whitehouse.Buer, JK: «Origins and impact of the term 'NSAID'», Inflammopharmacology, vol. 22, no 5, 2014, p. 263-7. (PMID 25064056, DOI 10.1007/s10787-014-0211-2, ler en línea [arquivo]) Como analxésicos caracterízanse por non pertencer á clase dos narcóticos e actuar bloqueando a síntese de prostaglandinas.
Os efectos secundarios dependen do fármaco específico, pero en gran medida inclúen un maior risco de úlceras e hemorraxias gastrointestinales, presión arterial alta, problemas cardiacos e enfermidade renal.
No mercado existen 2 tipos de AINEs dispoñibles, os clásicos, que actúan inhibindo principalmente á enzima ciclooxigenasa (COX) de modo non selectivo, inhiben por tanto os 2 subtipos, COX-1 e COX-2, e os selectivos para a COX-2, que contan con menos efectos secundarios gastrointestinais.
Os AINEs máis coñecidos son a aspirina e o ibuprofeno. Neste último a dose máxima para adquirir nunha farmacia en España sen receita médica é de 400mg. O paracetamol non se adoita incluír neste grupo xa que practicamente carece de acción antiinflamatoria. Notas
Categoría:Fármacos