miniatura|dereita|300px|Cunchas de tallerina mostrando a variedade de cores. A tallerina ou tellina (Angulus tenuis, da Costa 1778; antes Tellina tenuis) é un molusco bivalvo da familia Tellínidos (Tellinidae), da orde Veneroida.
Morfoloxía Trátase dun molusco de pequeno tamaño, que non supera os 2 cm de eixo maior, marcadamente aplanado, coa cuncha fráxil e inequivalva (a valva dereita é algo maior que a esquerda). O perfil é oval, cos extremos apuntados. Marxe interior dentada.
A superficie é lisa, con liñas concéntricas moi finas. A cor é moi variable: branca, rosada, amarela, ás veces uniformes pero normalmente con bandas concéntricas máis escuras. Moi raramente, a cor varía dunha valva á outra. O periostraco é transparente. O interior é da mesma cor que a superficie externa, aínda que en tons máis pálidos.
Hábitat e bioloxía Distribúese pola costa europea do Atlántico, desde Noruega a Marrocos, incluíndo o Mediterráneo.
Vive sobre fondos de area na franxa infralitoral ata profundidades de poucos metros. Pode enterrarse ata os 13 cm de profundidade.
Ser, é comestible pero non ten valor comercial.
Ríos Panisse atopou os seguintes sinónimos nos distintos portos da costa galega: cadelucha, chirla, chisga, margarita e tellina real.
Véxase tamén Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba''. Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia Ligazóns externas
Ficha en World Register of Marine Species Ficha en Asturnatura.com
Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1778