O lóbulo floculonodular ou lobo floculonodular é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura posterolateral e como o seu propio nome indica está formado polo nódulo, tamén chamado vermis, e os flóculos (que corresponden aos hemisferios), unidos polo pedúnculo do flóculo.O termo corpo do cerebelo utilízase para denominar a totalidade do cerebelo, agás o lóbulo floculonodular.Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007

O lobo floculonodular constitúe a parte do cerebelo denominada vestibulocerebelo. Recibe aferencias dos canais semicirculares e das máculas a través dos núcleos vestibulares, e do córtex visual a través dos núcleos da ponte. As eferencias que envía chegan directamente aos núcleos vestibulares sen pasaren previamente por ningún núcleo profundo do cerebelo. Pode modular a actividade dos tractos que descenden desde os núcleos vestibulares á medula espiñal e das motoneuronas α que innervan os músculos extrínsecos do globo ocular. Grazas a isto o vestibulocerebelo pode encargarse de controlar e regular o equilibrio corporal, os movementos oculares e o ton muscular. This lobe is also involved in the maintenance of balance equilibrium and muscle tone.

Véxase tamén

Outros artigos Cerebelo Lobo (anatomía) Notas

Categoría:Cerebelo