O Gemini Agena Target Vehicle (abreviadamente, GATV) foi un modelo de foguete Agena usado durante o programa Gemini como vehículo obxectivo para as cápsulas tripuladas do programa para facer prácticas de cita espacial e atraque.
Características Os GATV consistían en etapas Agena D modificadas coa adición dun colar de atraque, un panel visualizador e capacidade de reencendido do seu motor Bell 8247. Os GATV chegaban a órbita con suficiente reserva de propelente como para propulsar ó conxunto GATV-Gemini a órbitas altas, ata a beira dos cintos de radiación.
Os GATV estaban divididos en tres seccións:
A sección auxiliar, con espazo para equipos auxiliares e no que estaba situado o porto de atraque, situado baixo a cofia (durante o lanzamento). A sección Agena D media, cos equipos principais e os tanques de propelente. A sección posterior, co motor principal Bell 8247 capaz de varias ignicións e os motores auxiliares de manobra, máis pequenos, Bell 8250.
O panel visualizador (ASP, Gemini-ATV Status Panel) estaba situado sobre o porto de atraque do GATV, onde era visible para os astronautas desde a cápsula Gemini durante e despois do atraque. O panel era capaz de mostrar información sobre o estado e seguridade dos diversos sistemas do GATV: guiado, propulsión, enerxía, atraque... O panel estaba formado por nove luces e tres diais analóxicos e os circuítos asociados a cada sistema.
En total lanzáronse seis GATV, dous deles fallados.
Parámetros dos GATV Masa cheos: 3260 kg Altura: 7,93 m Diámetro: 1,52 m
Historial de lanzamentos
Nave Data Rampla de lanzamento Misións Gemini asociadas Resultado Notas GATV 6 25 de outubro de 1965 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 6 Fallo Explosión da segunda etapa ós 6 minutos do lanzamento. GATV 8 16 de marzo de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 8, Gemini 10 Éxito GATV 9 17 de maio de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 9 Fallo Fallo do sistema de control da última etapa. GATV 10 18 de xullo de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 10 Éxito GATV 11 12 de setembro de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 11 Éxito GATV 12 11 de novembro de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 12 Éxito Último lanzamento dun GATV.miniatura|Detalle do porto de atraque do GATV 12, desde a Gemini 12.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Programa Gemini Gemini 6 Gemini 8 Gemini 10 Gemini 11 Gemini 12
Categoría:Programa Gemini