Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933 e finado na mesma vila o 7 de agosto de 2019, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Marchou aos Estados Unidos en 1958. Foi profesor da Universidade de Nova York. Xubilado en 1992, retornou a Galicia. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Recibiu a Medalla Castelao en 1993.
Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Redondela nas eleccións municipais de 1995 conseguindo un notable avance pero sen conseguir arrebatarlle o goberno aos socialistas. Foi designado deputado provincial e foi responsable da área de Cultura. En agosto de 1996 promoveu unha moción de censura contra o alcalde socialista Xaime Rei, co apoio dun concelleiro tránsfuga socialista e outro independente, e foi elixido alcalde. Compatibilizou a alcaldía co seu cargo na Deputación. En outubro de 1998 foi descartado pola dirección autonómica do PPdeG como candidato para as municipais de 1999, poñendo no seu lugar ao entón alcalde de Pazos de Borbén Manuel Conde Romero. Trala finalización do mandato abandonou a alcaldía e a primeira liña política.
Obras Eduardo Pondal, 1981. Estética poética de Eduardo Pondal, 1985, Ediciós do Castro. Castelao, propagandista da República en Norteamérica, 2000 (con Emilio González López). Edicións
Os Eoas (Fundación Barrié de la Maza, 1992)Os Eoas, na páxina web da Fundación Barrié de la Maza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Redondela
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1933
Categoría:Finados en 2019