O lagostino (Melicerthus kerathurus, Forskål, 1775; antes Penaeus kerathurus) é un crustáceo decápodo nadador, mariño, pertencente á familia Penaeidae, da suborde Dendrobranchiata. A súa presenza en augas galegas é ocasional e recente . Morfoloxía O tamaño medio adoita ser duns 12,5 cm nos machos e 14 cm nas femias, pero poden alcanzar talles de 16 e 20 cm respectivamente. Son de cor amarela verdosa, con bandas transversais de cor parda nos segmentos abdominais.

A súa casca é consistente e remata nunha espiña patente, chamada rostro, que supera os ollos. Na marxe superior do rostro hai unha serie de 10-12 dentes, e un na parte inferior (este, en ocasións, pode faltar).

A superficie da casca presenta tres sucos lonxitudinais e catro quillas que van desde o rostro ata a marxe posterior.

As anténulas bifúrcanse en dous flaxelos curtos, de lonxitude similar, mais dúas longas antenas. Os tres primeiros pares de patas rematan nunha pequena quela Apéndice dos crustáceos, con forma de pinza. pero os outros dous pates fano nunha unlla.

As placas do abdome presentan unha quilla dorsal no caso dos tres últimos segmentos, e a quilla do sexto segmento remata nunha espiña. O telson Último segmento do abdome dos crustáceos. remata nunha forte espiña aguda, percorrida por un suco central, e ten outros tres pares de espiñas ós lados.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species Ficha en pescaderiascorunesas.es

Categoría:Dendrobranquiados Categoría:Produtos da pesca