A Turun Filharmoninen Orkesteri (en finés) ou Åbo Filharmoniska Orkester (en sueco), en galego Orquestra Filharmónica de Turku é unha orquestra da cidade de Turku (Finlandia). Fundada en 1790, é a orquestra máis antiga de Finlandia e unha das máis antigas do mundo.
Historia As orixes da orquestra remóntanse a 1790, cando se creou a Turun Soitannolliseen Seuraan (Sociedade Musical de Turku). En 1927 pasou a ser administrada polo goberno local. Actualmente, con 74 músicos é a quinta orquestra máis grande de Finlandia.
Directores honoríficos Ao longo da súa longa historia, a Turun Filharmoninen Orkesteri nomeou a dous directores honorarios:
Paavo Berglund Leif Segerstam
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Orquestras de Finlandia Categoría:Música en Turku