Anil ou índigo é a cor da luz entre 440 e 420 nanómetros de lonxitude de onda, localizada entre o azul e o violeta. Así como moitas outras cores (como laranxa, rosa e violeta), a orixe do nome provén dun obxecto natural - a planta Índigo. Pola etimoloxía, do árabe annir e do persa nil (Índigo).
O anil non é unha cor primaria, nin aditiva, nin subtractiva. Foi bautizada e definida por Isaac Newton cando o físico inglés dividiu o espectro óptico (que é, como se sabe, un continuo de frecuencias). El distinguiu sete cores para asocialas aos planetas entón coñecidos, días da semana, notas na oitava e outras listas con sete elementos.
O ollo humano é relativamente insensíbel á frecuencia do anil, tanto que moitos non conseguen distinguilo do azul ou do violeta. Por esa e outras razóns, moitos (entre eles, Isaac Asimov) defenden que o anil non se debe considerar unha cor propiamente dita senón unha variación do azul ou do violeta.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cores
Categoría:Cores