Odeón Shopping ou Centro Comercial Odeón é un complexo comercial e de lecer de Narón situado no polígono da Gándara, limítrofe con Ferrol. O nome do centro é o da empresa promotora, unha empresa catalá que posteriormente, en 2008, vendeu o centro comercial ao grupo portugués Dolce Vita.
Ten un número de visitantes de entre 4,4 e 4,6 millóns ao ano.
Características No momento da súa inauguración en 2002 Odeón era o centro comercial máis grande de Galiza con 52.672 metros cadrados construídos e tivo no seu primeiro ano de funcionamento 5,3 millóns de visitasOdeón mantiene facturación pese a bajar un 2 % en visitas. La Voz de Galicia, Ferrol.
Odeón foi construído no polígono industrial da Gándara, nunha parcela paralela á estrada de Castelao. Esta modificación do uso do terreo e a superficie construída levou ao xulgado ao arquitecto de Narón que finalmente en marzo de 2013 foi absolto.El arquitecto que informó las licencias de Odeón, absuelto de un delito urbanístico Diario de Ferrol.
O centro comercial tiña no seu proxecto inicial un aparcadoiro soterrado baixo del e unha soa planta. Durante a súa construción o proxecto foi ampliado e modificado engadindo outra planta xa que estaban tódolos locais previstos vendidos. A nova planta ocupouse con cines, salón de birlos e locais de hostalería. Durante a construción, o día 12 de xuño de 2002, produciuse o derrubamento de parte da estrutura ferindo a varios traballadores.
Ademais de locais comerciais o centro comercial ten cines, locais de hostalería e un hotel inaugurado en 2006. En 2015 foi mercado por Patron Capital e Eurofund Capital Partners.Dos fondos de inversión adquieren el centro comercial Dolce Vita de Narón La Voz de Galicia. En 2018 o centro comercial foi reformado interiormente e na imaxe exterior. Inditex pechou a súa tenda de Zara en Ferrol trasladándoa a Odeón.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Odeón .
Categoría:Centros comerciais de Galicia Categoría:Narón