Dover foi un grupo español de rock alternativo, fundado en Madrid en 1992. As súas letras estaban escritas principalmente en inglés. O grupo, que se disolveu en 2016, estaba formado polas irmás Cristina (vocalista) e Amparo Llanos (guitarrista principal), o batería Jesús Antúnez e o baixista Samuel Titos. Publicaron oito discos que superaron os dous millóns de copias vendidas. Quizais o máis destacado é o seu segundo álbum, Devil Came to Me, que lles deu fama internacional.

O seu sexto álbum, Follow the city lights, provocou polémica entre as e os seus seguidores, pois o estilo do grupo pasou do rock alternativo ao pop electrónico. A banda tamén gañou, entre outros, os premios a grupo revelación nos Premios Ondas de 1997 e mellor artista español nos Premios MTV Europa de 2000.

Membros Última formación Cristina Llanos – cantante e guitarrista (1992-2016) Amparo Llanos – guitarrista (1992-2016) Jesús Antúnez – batería (1992-2016) Samuel Titos – baixista (2005-2016)

Membros anteriores Álvaro Díez – baixista (desde 1992 a 1995 e desde 1997 até 2005) Álvaro Gómez – baixista (dende 1995 até 1997) Daniel Palacios – guitarrista (finais dos 90) Jordi Bacás – Batería

Discografía Álbums de estudio Sister (1995) Devil Came to Me (1997) Late at Night (1999) I Was Dead for 7 Weeks in the City of Angels (2001) The Flame (2003) Follow the City Lights (2006) I Ka Kené (2010)

Recompilatorios 2 (2007)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Haus of Dover Blog sobre o grupo

Categoría:Grupos musicais formados en 1997 Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de música electrónica