Unha doenza desmielinizante é un termo que abarca a todas aquelas doenzas que afectan á substancia branca do sistema nervioso central, producíndose unha desmielinización.Ropper, A. H. & Samuels, M. A., 2011. Principios de neurología. novena ed. México: Mc Graw Hill A doenza deste tipo máis frecuente é o Alzheimer, e moitas veces ámbolos dous termos son empregados coma sinónimos.

Introdución As neuronas, células do sistema nervioso, están arrodeadas por unha substancia chamada mielina, que favorece a condución eléctrica. No sistema nervioso central, a mielina fórmase a expensas da membrana plasmática dos oligodendrocitos, mentres que no sistema nervioso periférico depende das células de Schwann. Cando a mielina é destruída, a condución dos sinais eléctricos ao longo dos nervios vese seriamente afectada, e en consecuencia os nervios perden a súa funcionalidade co paso do tempo. A desmielinización comporta ademais unha perda da velocidade de condución do impulso e da resposta, perda de propiedades de condución, consumo enerxético pouco eficiente e desorganización do sistema nervioso.

Clasificación Dentro das doenzas desmielinizantes pódense distinguir:JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes. Esclerose múltiple Síndrome de Guillain-Barré Encefalomielite aguda diseminada Neuro-óptico-mielite de Devic Encefalomielite aguda hemorráxica Mielopatía asociada ao virus HTLV-1 Leucodistrofias Leucodistrofia metacromática Leucodistrofia de células globoides-Doenza de Krabbe Adrenoleucodistrofia Doenza de Canavan Doenza de Refsum Doenza de Alexander Doenza de Pelizaeus-Merzbacher Xantomatose cerebrotendinosa leucodistrofia ortocromática Leucoencefalopatía con desaparición da substancia branca Leucoencefalopatía con esferoides neuroaxonais Doenzas desmielinizantes secundarias Encefalopatía postanóxica tardía Mielinólise osmótica

Véxase tamén Outros artigos Desmielinización Esclerose múltiple Notas

Categoría:Doenzas desmielinizantes