Ciro o Novo, finado en 401 a. C., foi un príncipe e xeneral arqueménida. Exerceu como sátrapa do Reino de Lidia e Xonia dende o 408 ata o 401 a. C. Fillo de Darío II e Parisatis, morreu no 401 a. C. na batalla de Cunaxa, durante un intento frustrado de destronar o seu irmán maior, Artaxerxes II.

Fontes A historia de Ciro e da retirada dos seus mercenarios gregos é narrada por Xenofonte na súa Anábase. Éforo de Cumas utilizou outro relato, probablemente obra de Sofaineto de Estínfalo. Hai máis información nos fragmentos conservados por Focio da obra de Ctesias, nas Vidas de Artaxerxes II e Lisandro escritas por Plutarco e na Historia da guerra do Peloponeso de Tucídides. Estas son as únicas fontes antigas de información sobre Ciro o Novo.

Notas

Categoría:Persia Categoría:Sátrapas do Imperio Aqueménida Categoría:Finados en -401 Categoría:Nados no século -V