Manuel Fraga Bello, nado en Rioaveso (Vilalba) en 1866 e finado na vila de Vilalba o 9 de abril de 1967, foi un político galego.

Traxectoria Fillo dun carpinteiro, quedou orfo, cunha nai arruinada e con varios irmáns. Marchou a Madrid en 1915 onde traballou de atador en Torrejón de Velasco. Logo emigrou a Cuba, instalándose en Manatí, onde coñeceu a súa muller María Iribarne. Retornou a Vilalba en 1928. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Vilalba o 11 de abril de 1929,El Pueblo Gallego, 16-4-1929, p. 17. cesando en febreiro de 1930. Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930El Regional, 14-4-1930, p. 2. ata a proclamación da República. Durante a Segunda República aliñouse nas filas da CEDA e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado outra vez alcalde de Vilalba en novembro, permanecendo no cargo ata 1938.Sepelio de los restos de don Manuel Fraga Bello Finou na vila de Vilalba o 9 de abril de 1967.El Pueblo Gallego, 11-4-1967, p. 18.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El apellido Fraga tiene garantizada su supervivencia en la política gallega, española y europea.

Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Finados en 1967