Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano e presidente de Venezuela dende 2013 ata a súa captura en 2026. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de relacións exteriores (2006 - 2013) e vicepresidente de Venezuela (2012 - 2013) baixo a presidencia de Hugo Chávez.

Traxectoria Comezou como condutor de autobuses e converteuse en líder sindical antes de ser elixido para a Asemblea Nacional no ano 2000. Membro do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), foi nomeado para varios cargos con Hugo Chávez, como presidente da Asemblea Nacional, ministro de relacións exteriores e vicepresidente con Chávez.

Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez. Ao morrer Chávez o 5 de marzo de 2013, Maduro asumiu o cargo de «presidente encargado de Venezuela» até a celebración de eleccións presidenciais. Ante esta situación, os medios de comunicación internacionais destacaron que, segundo a Constitución venezolana non sería o vicepresidente Maduro senón Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional quen tería que asumir a presidencia interina da república."Cabello debe ser el sucesor de Chávez, según la ley""Maduro y Cabello: ¿guerra abierta o pacto secreto?" Clarín."Maduro aparta a su rival Cabello de la sucesión" ABC.

Maduro asumiu a presidencia despois da morte de Chávez e gañou as eleccións presidenciais extraordinarias de 2013. Gobernou Venezuela por decreto dende 2015 a través dos poderes que lle outorgou a lexislatura do partido gobernante.

Durante os dez anos no poder de Nicolás Maduro, de 2013 a 2023, rexistráronse máis de 45.000 casos de violacións dos dereitos humanos e polo menos 10.085 execucións extraxudiciais por parte das forzas de seguridade, cunha alta letalidade policial e militar centrada nos barrios da clase traballadora. Documentáronse torturas e tratos crueis, que afectan gravemente a mulleres novas e pobres. Na véspera dun terceiro mandato, Venezuela intentou unirse aos BRICS como membro asociado, pero foi vetada polo seu homólogo brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva (un país membro fundador), por violar os Acordos de Barbados e carecer de garantías democráticas.

O 3 de xaneiro de 2026, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou que Nicolás Maduro fora capturado polas forzas estadounidenses despois do bombardeo de varias localizacións.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Presidente de Venezuela Historia de Venezuela

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Presidentes de Venezuela Categoría:Venezolanos de ascendencia española Categoría:Venezolanos de ascendencia colombiana