Morte digna, morrer dignamente ou morrer con dignidade é un concepto ético amplo e, frecuentemente, controvertido, que se refire ao proceso do fin da vida evitando o sufrimento e mantendo o control e a autonomía. En xeral, adóitase tratar como unha extensión do concepto de vida digna, no que as persoas conservan a súa dignidade e liberdade até o cesamento da súa existencia.

Aínda que unha morte digna pode ser natural e sen ningún tipo de asistencia, con frecuencia o concepto está asociado ao de dereito a morrer, así como coa defensa da legalización de prácticas como a eutanasia, o suicidio asistido, a sedación terminal ou o rexeitamento de asistencia médica. Segundo os seus defensores, a posibilidade deste tipo de prácticas sería o que garantiría unha morte digna, mantendo decisións libres até o último momento e podendo evitar unha agonía innecesaria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dereito a morrer Ortotanasia

Categoría:Morte Categoría:Ética