A Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC) é un organismo oficial de carácter estatal encargado de investigar accidentes aéreos acontecidos dentro do estado español. Está adscrito á Secretaría de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento.

Características As investigacións da CIAIAC non van dirixidas a establecer responsabilidades senón que teñen un carácter técnico. O seu obxectivo, polo tanto, é determinar as causas dos accidentes aéreos para previlos no futuro. Tras cada accidente, a CIAIAC elabora un informe que contén a análise do accidente, as conclusións sobre o mesmo e unha serie de recomendacións de seguridade para que non aconteza de novo. A CIAIAC elabora tamén unha estadística detallada de tódolos accidentes e incidentes aéreos que se producen en España.

A sede da CIAIAC atópase no distrito madrileño de Latina."Contáctenos ." Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil. Consultado o 1 de maio de 2011. "Dirección Edificio Comisión de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil"

Membros Juan Pérez Mercader (físico), dende o 2002.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Seguridade aérea Xunta Nacional de Seguridad do Transporte (National Transportation Safety Board), organismo equivalente nos Estados Unidos de América. Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) Voo 8261 de Binter Mediterráneo Voo 5022 de Spanair Voo 226A de Britannia Airways

Ligazóns externas Sitio web da CIAIAC Estadística de accidentes aéreos en España 1990-2007

Categoría:Accidentes aéreos en España Categoría:Organizacións aeronáuticas Categoría:Axencias estatais de España