Carlos Francisco Velasco Souto, nado en Tomeza (Pontevedra) o 4 de outubro de 1958, é un historiador galego.
Traxectoria Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela no 1985. Exerce como profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña. Como investigador está especializado en temas de historia social de Galiza, e é autor de varios libros e artigos en revistas especializadas. En 2011 foi nomeado presidente da Asociación Galega de Historiadores.
Obra en galego Ensaio A sociedade galega da Restauración na obra literaria de Pardo Bazán (1875-1900), 1987, Pontevedra. Agitacións campesinas na Galiza do século XIX, 1995, Laiovento. Galiza na II República, 2000, A Nosa Terra. Labregos insubmissos, 2000, Laiovento. O agrarismo galego, 2002, Laiovento. 1936. Represión e alzamento militar na Galiza, 2006, A Nosa Terra. A represión franquista en Oleiros (1936-1950), 2008, Trifolium. Piñeiro e o piñeirismo em perspectiva histórica, 2009, Laiovento. Franquismo serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981), 2012, Laiovento. Memória histórica e identidade nacional. Escritos sobre rebeldia social, memória histórica e afirmaçom nacional na Galiza contemporânea (2026). Santiago: Laiovento. 148 páxs. ISBN 978-84-8487-771-4.
Obras colectivas La Compañía de Tranvías de A Coruña (1876-2005), 2006, Redes de transporte local, Madrid. A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas, 2009, A Nosa Terra. A Galiza de Bóveda. Actas do congreso 2003, 2009, Difusora. As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Currículum na Universidade da Coruña
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela